A CIG pide o voto para unha lista herdeira do BNG

Nunha declaración institucional, a central obreira aposta por unha alternativa galega propia que defenda a soberanía nacional, "unha voz, como foi a do nacionalismo galego representado polo BNG". “Depende de nós e só de nós”, di.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 11/12/2015 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

A CIG, o maior sindicato galego, e no que hai militantes de distintas formacións políticas, acaba de posicionarse claramente nos comicios do vindeiro 20 de decembro. Pide claramente o voto para unha formación “como foi a do nacionalismo galego representado polo BNG nos últimos anos”. Unha clara alusión a Nós-Candidatura Galega, que pivota o propio Bloque.

Clausura do VI Congreso da CIG
Clausura do VI Congreso da CIG | Fonte: cigaliza.gal

“Pero ese cambio de goberno no Estado de pouco nos serviría a Galiza, ás súas clases traballadoras, se non conseguimos que exista, alí no Parlamento español, unha voz, como foi a do nacionalismo galego representado polo BNG nos últimos anos, que sen ataduras a estratexias españolistas”, suliña nunha declaración institucional ante estes comicios.

A CIG insiste en que hai que apoiar a unha forza que “defenda os nosos sectores produtivos, as nosas infraestruturas, o noso medio natural, as nosas e os nosos emigrantes retornados, o dereito á negociación colectiva na nosa terra, a unhas pensións dignas... e o dereito a exercer libremente a nosa soberanía como nación”.

Precisamente, e aínda que non nomea explícitamente unha candidatura, a súa declaración remata cunha aposta por “aquela candidatura galega que sabemos que vai estar connosco na rúa e no Parlamento español cando se trate de defender os nosos dereitos e os nosos intereses como nación galega e como pobo traballador. Depende de nós e só de nós”, indica ao facer alusión á candidatura Nós.

Esta central sindical lembra que depende “da propia representación que obteña o nacionalismo galego” neses comicios como lle vai afectar aos galegos aspectos como as condicións económicas, laborais e sociais “e tamén coa nosa capacidade reivindicativa como clase traballadora e como pobo”.

Así, lembra que desde o estourido da crise, a inicios do 2008, até a actualidade, tivo lugar un “importante retroceso” na calidade de vida, nos dereitos laborais e sociais e mesmo nas liberdades públicas, para a maioría da sociedade.

Unha situación da que responsabiliza, por outra banda, a “unhas institucións políticas e financeiras (CE, BCE, FMI,..) e unhas forzas políticas (PP, PSOE, CIUDADANOS, etc.) que gobernan por e para esa oligarquía financeira”.

“Esta situación pódese mudar, ten solucións e están nas nosas mans”, di. “Agora debemos darlle continuidade a estes actos de protesta e mobilización coa acción do noso voto, impedindo que aqueles que son responsábeis desta perda de dereitos, de calidade de vida e da ruína de Galiza, podan seguir a gobernarnos, sexa coa careta vella (PP) ou coa nova (CIUDADANOS)”, sinala.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 27 comentarios

9 Comunista

Un sindicato autoproclamado soberanista e de clase pedindo o voto para unha candidatura na que está presente a corrente autonomista da dereita caciquil representada por CG e PG? A ninguén da cúpula da CIG se lle pasou pola cabeza que nesa central están afiliadas tamén moitas persoas que fan parte de Anova, as mareas e En Marea? Á UPG non lle abonda con liquidar a fronte política que tamén quere arrastrar á fronte sindical.

1 De los peines

Pois ti cos sindicalistas Black de CC OO

8 Gamela

a fotografía é todo um poema... semellan vivir noutro mundo... (no seu)

7 ANXO70

Encuentro con Carme Adán LA VOZ DE GALICIA Gonzalo 17:16 Considérome galeguista mais non de esquerda. Considera vostede que me podo sentir representado pola oferta de Nós-Candidatura Galega?. Graciñas. Carme Adán: Dentro da coalición temos partidos como Coalición Galega que comparte ese mesmo espíritu. Pode estar seguro de que os seus intereses estarán representados.

6 John McNamara

Coa CIG na rúa, a loita continúa!!!. Os de Podemos, moito 15 M mais na rúa pouco.

5 Stop circo con animais

Magoa que unha central sindical de clase non aposte por non participar no simulacro electoral amañado que non e mais que un circo con animais Recoñocendo que Nos e a opcion mais decente, porque hai xente ai que traballa por Galiza, votar non e mais que lexitimar o propio sistema.0s reprentantes da clase operaria, traballadores, desafiaunzados. parados, doentes a espera, afectados pola hepatite C...todos, porque case todos fumos estafados polas mafia bancaria, tiñamos que levar a campaña a rua coma en Gamonal, e non nos platos das teles da propia mafia, coma acontecia ate que o sistema creou PPodemos e ralea...perdon marea. Teles onde venden productos do banco Sabadell coma Primo de Rivera,o xenro que todas nais desexarian, de non ser pola napia coma Castro Santos. Conn pucherazo electoral, deixando a 1.600.000 votantes na diaspora e sen covertura, sen poder votar. Tempos aqueles de Don Manuel (Fraga, non Beiras) onde votaban ate os do camposanto da Chacarita.