A CIG pide o voto para unha lista herdeira do BNG

Nunha declaración institucional, a central obreira aposta por unha alternativa galega propia que defenda a soberanía nacional, "unha voz, como foi a do nacionalismo galego representado polo BNG". “Depende de nós e só de nós”, di.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 11/12/2015 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

A CIG, o maior sindicato galego, e no que hai militantes de distintas formacións políticas, acaba de posicionarse claramente nos comicios do vindeiro 20 de decembro. Pide claramente o voto para unha formación “como foi a do nacionalismo galego representado polo BNG nos últimos anos”. Unha clara alusión a Nós-Candidatura Galega, que pivota o propio Bloque.

Clausura do VI Congreso da CIG
Clausura do VI Congreso da CIG | Fonte: cigaliza.gal

“Pero ese cambio de goberno no Estado de pouco nos serviría a Galiza, ás súas clases traballadoras, se non conseguimos que exista, alí no Parlamento español, unha voz, como foi a do nacionalismo galego representado polo BNG nos últimos anos, que sen ataduras a estratexias españolistas”, suliña nunha declaración institucional ante estes comicios.

A CIG insiste en que hai que apoiar a unha forza que “defenda os nosos sectores produtivos, as nosas infraestruturas, o noso medio natural, as nosas e os nosos emigrantes retornados, o dereito á negociación colectiva na nosa terra, a unhas pensións dignas... e o dereito a exercer libremente a nosa soberanía como nación”.

Precisamente, e aínda que non nomea explícitamente unha candidatura, a súa declaración remata cunha aposta por “aquela candidatura galega que sabemos que vai estar connosco na rúa e no Parlamento español cando se trate de defender os nosos dereitos e os nosos intereses como nación galega e como pobo traballador. Depende de nós e só de nós”, indica ao facer alusión á candidatura Nós.

Esta central sindical lembra que depende “da propia representación que obteña o nacionalismo galego” neses comicios como lle vai afectar aos galegos aspectos como as condicións económicas, laborais e sociais “e tamén coa nosa capacidade reivindicativa como clase traballadora e como pobo”.

Así, lembra que desde o estourido da crise, a inicios do 2008, até a actualidade, tivo lugar un “importante retroceso” na calidade de vida, nos dereitos laborais e sociais e mesmo nas liberdades públicas, para a maioría da sociedade.

Unha situación da que responsabiliza, por outra banda, a “unhas institucións políticas e financeiras (CE, BCE, FMI,..) e unhas forzas políticas (PP, PSOE, CIUDADANOS, etc.) que gobernan por e para esa oligarquía financeira”.

“Esta situación pódese mudar, ten solucións e están nas nosas mans”, di. “Agora debemos darlle continuidade a estes actos de protesta e mobilización coa acción do noso voto, impedindo que aqueles que son responsábeis desta perda de dereitos, de calidade de vida e da ruína de Galiza, podan seguir a gobernarnos, sexa coa careta vella (PP) ou coa nova (CIUDADANOS)”, sinala.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 27 comentarios

4 Shin-Chan

A solidariedade entre mafias é tan enternecedora...

1 Shen vergonza

Cala, non fales de enternecedora, que Don Xose Manuel vai porse a chorar..

3 costumista

pois nom vam pedir o voto para a yoli de comisiones madrileñas!!!

2 Zoilo Pardo

Ben mirado, sen a CIG a UPG desaparecería hai moito tempo. Son cans da mesma camada. Morrerán xuntos moi pronto

1 Turple

Non o verán os teus ollos, amiguete, a CIG é hoxe despois do PP o grupo polítco organizado máis importante deste país. Pero ao mellor como ti es moi rico non necesitas sindicatos. Ou ao mellor es deses de comisións (de comer literalmente) mandrileñas, tarxetas black...

1 antonino

Suso Seixo, Coronel da UPG, canto dano tedes feito a Galiza.