Xosé Carlos Caneiro presenta a súa última novela

“Y solitario bajo el cielo como siempre estoy yo” é o título da obra do columnista de La Voz de Galicia, cuxo xefe de Opinión apoiará a presentación.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 13/12/2015 | Actualizada ás 18:23

Comparte esta noticia

O escritor ourensán Xosé Carlos Caneiro presenta o vindeiro luns 14 de decembro, ás 19.30 h., a súa última novela Y solitario bajo el cielo como siempre estoy yo. Na presentación, que terá lugar na Sede Afundación da Coruña (Cantón Grande, 8), estarán presentes, ademais do autor, o director da Editorial Trifolium, Xan Arias, e Luis Pousa, xefe da sección de Opinión de La Voz de Galicia.

Xosé Carlos Caneiro
Xosé Carlos Caneiro | Fonte: Certo wikimedia

Y solitario bajo el cielo como siempre estoy yo xira ao redor da figura de Silverio Muné, un policía do que, di o autor, ninguén detiña a súa cólera, «mesmo nos momentos de aparente fatiga e debilidade. Non foron moitos. O seu orgullo non lle permitía mostrar a súa cara máis vulnerable, quizais era home dunha soa face: cruel e perversa». Ao longo da historia sucédense as pasaxes sobre a súa vida como policía no País Vasco e como responsable da zona fronteiriza entre Ourense e Portugal, postos que compatibilizaba, co consentimento da Dirección Xeral de Policía, porque, «Todo o que solicitaba Silverio Muné era inmediatamente concedido. A súa familia tiña ascendentes en todas as institucións do Estado en tempos de Franco e despois, coa transición e a democracia, non mudou en absoluto o poder dos Muné en España».

Xosé Carlos Caneiro

Nado en Verín, en 1963, é diplomado en Maxisterio e licenciado en Xeografía e Historia. Como novelista foi recoñecido con numerosos galardóns como o premio Xerais 1992 por O infortunio da soidade; o Premio Blanco Amor e Premio Eixo Atlántico 2000 para Ébora; o Premio Manuel García Barros 1999 para Talvez melancolía. Diario do home imposible ou o Premio Torrente Ballester 1996 por Un xogo de apócrifos. 

Premio da Crítica e finalista do Premio Nacional de Narrativa 1998, obtivo tamén numerosos recoñecementos como autor de relatos e novela breve. 

Desenvolve, ademais, unha faceta como autor de poesía que se reflicte en volumes como Da túa ausencia, premio Celso Emilio Ferreiro de Poesía 1989, Aínda soñas con piratas? ou o poemario Camiños de amor e lúa. Colaborador habitual de La Voz de Galicia e da Radio Galega, gañou tamén os premios de xornalismo Xosé Aurelio Carracedo en 1999, e en 2011 o Premio Fernández del Riego, que convocan anualmente Afundación e o Ámbito Cultural de El Corte Inglés para artigos publicados en galego.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Anónimo

Participade na enquisa que estou a facer para saber se queredes que "voltar" estea admitido ou non. Podedes participar en: https://estensiondogalego.wordpress...

2 DinA4

Outro que monologa coa cachucha do porco.

1 ixtlan

Parece que outro autor máis confirma o seu abandono da Literatura Galega (i.e. en galego). Un camiño que tamén tomara Alfredo Conde e algún máis. Mágoa que tanto aprezo e agarimo recibido, como documentan os premios literarios que recibiu, non lle axudasen a mante-la súa galeguidade. En fin, non é o primeiro nin será o último. Pero a Literatura Galega ten que e ha continuar. Aínda que algúns non a sintan no bandullo (que fornece La Voz, supoño).