Con case o 100% escrutado: PPdeG 10, en Marea 6, PSdeG 6 e Ciudadanos 1

Os resultados do reconto oficial do 20D indican un gran cambio electoral en Galicia. O PP perdería cinco escanos, En Marea superaría ao PSOE e Ciudadanos entraría no panorama político galego. O BNG desaparece do Congreso.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela / Madrid | 20/12/2015 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

Actualizado ás 22:40

Mato, Feijóo e Rajoy en Soutomaior
Mato, Feijóo e Rajoy en Soutomaior

O BNG, principal partido dos integrados hoxe en Nós Candidatura Galega, o 11,2%, logrando dous escanos. Sen representación quedara Esquerda Unida, co 4,1%, forza hoxe integrada en En Marea canda ANOVA, Podemos Galicia e as mareas locais.


En Galicia, segundo datos de case do 90%, o PP quedaría co 37,31% e 10 escanos fronte 15 escanos actuais. En Marea faise co título desegunda forza con case o 25% dos votos e 6 escanos, xusto un máis do necesario en principio para obter grupo parlamentar.

O terceiro posto sería o PSOE con 21,5% e  6 parlamentarios, os mesmos que teñen agora e Ciudadanos entaría como cuarta forza, cun deputado e case o 9% dos votos. Nós  (4,33%) quedarían fóra do Congreso dos Deputados, onde o BNG, o principal partido desta última coalición, tiña 2 e sumara o 11% hai catro anos

Comparativa de participación entre 2015 y 2011
Participación 2015 2011
Votantes 892.363 (72,27%) 1.672.841 (62,21%)
Abstención 342.337 (27,73%) 1.015.975 (37,79%)

Comparativa de participación entre 2015 y 2011
Votos 2015 2011
Nulos 12.382 (1,39%) 27.024 (1,62%)
En blanco 9.191 (1,04%) 26.726 (1,62%)