A morte do piloto que se trasladaba de Monforte a Córdoba debeuse a "infravalorar as previsións metereolóxicas"

A súa aeronave accidentouse en Porto (Zamora) pola mala visibilidade.

Por Europa Press / Redacción | VALLADOLID | 11/09/2024 | Actualizada ás 14:08

Comparte esta noticia

A inadeucada planificación do voo ao "infravalor as previsións meteorolóxicas" é a causa do accidente dunha avioneta de incendios que caeu na serra da Segundera, nas proximidades de Porto (Zamora) o 19 de outubro de 2022, o que custou a vida ao piloto, segundo o informe da Comisión de Investigación de Accidentes e Incidentes de Aviación Civil publicado este mércores polo Ministerio de Transportes.

O sinistro produciuse o 19 de outubro, cando a aeronave, un monopraza Thrush 710P con matrícula EC-MXL, atopábase realizando un voo de traslado entre a base de Doade (Monforte de Lemos, Lugo) e a base de Córdoba.

Segundo o informe recollido por Europa Press, as condicións meteorolóxicas existentes no momento de saída "estaban por baixo dos mínimos fixados polo operador" polo que o piloto decidiu cancelar o voo, aínda que pouco despois produciuse unha melloría nas condicións meteorolóxicas cunha visibilidade superior á mínima na contorna do aeródromo.

O piloto decidiu despegar ás 11.15 horas para facer un voo de recoñecemento da situación meteorolóxica e dirixiuse facía a zona de Meda, desde onde informou que as condicións lle permitían continuar o voo cara a Córdoba e que así procedía aínda que media hora máis tarde, volveu contactar coa base de Doade para avisar dun empeoramento da situación, polo que optou por dirixirse ao aeroporto de León, situado a media hora.

Esta foi a última conexión realizada polo piloto e tras perderse a pista comezaron os labores de procura o mesmo día, aínda que as malas condicións meteorolóxicas só permitiron buscar a aeronave por terra e non foi ata dous días despois, o 21 de outubro, cando foi localizado o cadáver do piloto e os restos da aeronave "que resultou destruída".

No informe recóllese que o transmisor de localización de emerxencia non emitiu e por iso tardouse dous días en localizar ao piloto.

Imaxe do avión sinistrado en Porto, Zamora.. 112
Imaxe do avión sinistrado en Porto, Zamora.. 112

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta