Os alcaldes de Ferrol e Compostela xa ven un presidente da Marea na Xunta

Destacan que os resultados do 20D son unha continuación do acontecido nas municipais e avanzan o que vai pasar nas autonómicas. Noriega volve descartar que vaia ser o candidato á Xunta.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 22/12/2015 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Os alcaldes de Santiago, Martiño Noriega, e Ferrol, Jorge Suárez, ven nas eleccións do pasado 20D un anticipo do que pode acontecer nas autonómicas do 2016, cun cambio na Xunta e un presidente da Marea en San Caetano.

Martiño Noreiga, Xulio Ferreiro e Jorge Suárez nun acto de En Marea
Martiño Noreiga, Xulio Ferreiro e Jorge Suárez nun acto de En Marea | Fonte: enmarea.gal

"O que si houbo é un relato de país. E neste sentido, contribuímos e contribuiremos para que dentro dun ano sigamos tendo a Alcaldía da capital de Galicia e o goberno da Xunta",  dixo o rexedor compostelán este luns nun acto na USC ao referirse ás eleccións deste domingo.

Así, insistiu en que estes comicios “mostraron a constatación e consolidación dun relato de cambio político" e que "o que ocorreu en maio non foi un arquipélago de casualidades, senón que ten unha continuidade no tempo", dixo en alusión aos comicios municipais nos que as mareas acadaron os concellos de Ferrol, A Coruña e Compostela.

"Isto mostra que algo se está movendo no país e que, se en maio cambiaron os gobernos en moitas das cidades do país, en menos dun ano, seguramente, cambie o Goberno de Galicia", engadiu. Sen embargo, volveu confirmar, como xa dixo noutras ocasións, que el non será esa persoa que pode presidir a Xunta.

Pola súa banda, o alcalde de Ferrol, Jorge Suárez (FeC),  dixo que estes resultados son extrapolables ás próximas autonómicas e afirmou que "esta tendencia alcista vaise a soster e manter". "Por tanto as expectativas que temos son total e absolutamente de cambio na Xunta de Galicia", engadiu.

En todo caso, recoñeceu que  os resultados poderían ser mellores e anunciou que traballarán para consolidar desde abaixo as candidaturas, “para que por primeira vez na historia haxa un presidente da Xunta de Galicia saído dun movemento de unidade popular”, engadiu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

3 eusi

Canta mala baba, envexa e odio se le por aquí...en fin desgraciados, seguide no voso mundo escuro mentres os demais traballamos por este país (e podiades facernos un favorciño: DESAPARECE PARA SEMPRE

1 seseses

Tampoco te pases que non e para tanto. Fiate dos políticos

2 bautista do unto

Se cadra presentan ó que fuma na bañeira de candidato

1 seseses

Un pouco optimistas de mais , pero a política e os politicos son así. Dediquense a os concellos alcaldes