Por E.P. | Santiago de Compostela | 20/09/2024 | Actualizada ás 14:35
A Xunta defendeu que a rebaixa do 50% no imposto do patrimonio que se aplica en Galicia desde 2023 permite "evitar a deslocalización" de persoas con fortunas "que non só tributan" por isto, senón que tamén o fan no IRPF ou os impostos ao consumo.
Así o manifestou a directora da Axencia Tributaria Galega, Sonia Lafont, en resposta a unha pregunta formulada pola deputada Patricia Igrexas durante a Comisión de Economía, reunida este venres no Parlamento de Galicia.
Alí, Lafont subliñou que rebaixar a carga fiscal aos grandes patrimonios permite que estes "non se deslocalicen" e abandonen Galicia cara a outros lugares con menores tributos. Isto, continuou, suporía que "se perdería o 100%" do que pagan polo seu patrimonio, o IRPF ou impostos ao consumo como o IVE. Nesta liña, sentenciou que "se asegura" que estes patrimonios altos "tributen" na Comunidade galega.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.