Unha administración que garanta o emprego do galego na atención ao público: nova proposta do PSOE

A través dunha proposición non de lei que se debaterá e votará na comisión de Política Territorial do Congreso, os socialistas defenden que o recoñecemento da existencia de linguas cooficiais en España e a súa consecuente protección e promoción polos poderes públicos "non é un impedimento nin obstáculo á igualdade".

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 02/10/2024 | Actualizada ás 14:47

Comparte esta noticia

O PSOE quere que o Executivo garanta o uso das linguas cooficiais naquelas Delegacións do Goberno situadas en territorios con lingua específica como o eúscaro, o catalán ou o galego, e especialmente no relativo á atención ao público. A través dunha proposición non de lei que se debaterá e votará na comisión de Política Territorial do Congreso, os socialistas defenden que o recoñecemento da existencia de linguas cooficiais en España e a súa consecuente protección e promoción polos poderes públicos "non é un impedimento nin obstáculo á igualdade". Nese sentido, na iniciativa recollida por Europa Press, inciden na obrigación dos poderes públicos de garantir o libre exercicio dos dereitos, incluído o lingüístico.

ATENCIÓN AO PÚBLICO

Por iso, cren necesario que desde o Estado se siga garantindo uso das linguas cooficiais, mediante a formación do persoal que presta servizos nas Delegacións do Goberno daqueles territorios que teñan lingua específica, así como focalizar e centrar esforzos especialmente nos postos de atención ao público. Entre eses territorios están incluídos o País Vasco co eúscaro, Cataluña co catalán e o aranés, Galicia co galego, a Comunidade Valenciana, co valenciano; Navarra, co eúscaro na zona xeográfica delimitada na correspondente Lei; e as Illas Baleares, tamén co catalán.

Deputados nunha sesión plenaria no hemiciclo
Deputados nunha sesión plenaria no hemiciclo | Fonte: CONGRESO - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta