A CIG realizará unha asemblea este martes para tratar o preacordo de convenio colectivo na industria química

Nun comunicado, a CIG explica que tamén se decidirán as medidas a adoptar como resposta a este principio de acordo.

Por E.P. | VIGO | 10/10/2024 | Actualizada ás 18:02

Comparte esta noticia

A CIG convocou para este martes, 15 de outubro (11,30 horas), no seu local de Vigo, unha asemblea de delegados sindicais do sector da industria química para abordar o preacordo de convenio colectivo no sector, asinado entre patronal e CC.OO. o pasado mércores en Madrid --do que se descolgou UGT--.

Nun comunicado, a CIG explica que tamén se decidirán as medidas a adoptar como resposta a este principio de acordo.

"A patronal quedara en enviarnos a súa última proposta para a negociación, cousa que non fixo, negándonos a información a pesar de que formamos parte da mesa e somos a central maioritaria da industria química en Galicia", expón o sindicato nacionalista.

Critica o método de negociación neste proceso, xa que se aposta por "precarizar aínda máis as condicións laborais". "Pola información que temos, o incremento salarial pactado sería do 3% para cada un do tres anos de vixencia do convenio, e a revisión salarial estaría topada no 1% os dous primeiros e no 2% o terceiro se o IPC fose superior".

A CIG reclamaba unha revisión salarial anual conforme ao IPC real (sen topes) para "non volver padecer a perda salarial que supuxo o anterior convenio".

O responsable de Negociación Colectiva da CIG, Francisco González Sío, e o secretario xeral do sindicato, Paulo Carril.
O responsable de Negociación Colectiva da CIG, Francisco González Sío, e o secretario xeral do sindicato, Paulo Carril.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta