Accidente de tráfico na autovía do Barbanza deixa tres feridos

Un sinistro rexistrado a mediodía resultou en feridos, entre eles unha menor, tras a saída de vía dun vehículo.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 12/10/2024 | Actualizada ás 14:56

Comparte esta noticia

Tres persoas, entre elas unha menor de idade, resultaron feridas nun accidente de tráfico rexistrado na mañá deste sábado nunha das saídas a Rianxo da autovía do Barbanza. O sinistro produciuse ás 12:30 horas no quilómetro 17 da autovía, onde o vehículo sufriu unha saída de vía e acabou dando unha volta de campá, segundo trasladaron os servizos de emerxencia.

Ao lugar mobilizáronse efectivos dos bombeiros do parque comarcal de Boiro e profesionais de Urxencias Sanitarias para atender ao tres ocupantes do vehículo, no que viaxaba unha nena. Finalmente, unha das mulleres que se atopaba no coche tivo que ser evacuada en ambulancia a un centro hospitalario, mentres que as outras dúas recibiron atención no lugar do accidente.

Unha ambulancia sae dun recinto.
Unha ambulancia sae dun recinto. | Fonte: Rosa Veiga

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta