Trasladada ao hospital unha muller de Agolada tras sufrir picaduras de velutinas na cabeza

Segundo informou o 112, a muller foi evacuada en helicóptero medicalizado ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS). Os feitos ocorreron ao redor das 11.30 horas desta mañá no lugar da Bugalleira, en Agolada.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 14/10/2024 | Actualizada ás 13:34

Comparte esta noticia

Unha muller do municipio pontevedrés de Agolada tivo que ser trasladada este luns ao hospital tras sufrir varias picaduras de avespas velutinas na cabeza. Segundo informou o 112, a muller foi evacuada en helicóptero medicalizado ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS). Os feitos ocorreron ao redor das 11.30 horas desta mañá no lugar da Bugalleira, en Agolada.

Tal e como explicaron os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, unha persoa foi atacada por avespas velutinas e presentaba varias lesións na cabeza. Debido a esta situación, o equipo médico decidiu enviar ao lugar unha dotación a bordo do helicóptero medicalizado con base en Santiago. Con fin de facilitar os labores de aterraxe do aparello, desde o 112 Galicia, pediuse a colaboración dos membros do GES de Monterroso e dos voluntarios de Protección Civil da localidade. Tamén foi informada a Garda Civil. Unha vez que os profesionais sanitarios estabilizaron á enferma, esta foi evacuado ao CHUS.

Helicóptero do 061
Helicóptero do 061 | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta