Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 18/10/2024 | Actualizada ás 16:36
Un operario faleceu este venres en Lalín tras sufrir unha caída desde un guindastre duns seis metros de altura. Tal e como informou o 112 Galicia, o accidente produciuse sobre as 14.40 horas no lugar da Igrexa, na parroquia lalinense de Goiás. Ata o lugar trasladáronse efectivos do GES de Lalín, axentes da Garda Civil, Policía Local e Protección Civil, así como os profesionais do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Aínda que nun primeiro momento os servizos sanitarios comunicaron que se ía a mobilizar un helicóptero medicalizado, finalmente foi anulado xa que o traballador faleceu no punto.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.