Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/10/2024 | Actualizada ás 19:55
O Consello de Ministros deste martes aprobou unha ampliación, por máis de 20,3 millóns de euros, do orzamento destinado á reconstrución do viaduto da A-6.
Actualmente, avanzan as obras para que antes de que conclúa o ano estean xa operativos os carrís en sentido A Coruña, tendo en conta que a finais de 2023 quedaron reabertos os que circulan cara a Madrid.
Neste contexto, o Goberno acaba de aprobar unha inxección extra de 20.322.018,99 euros para emendar "a situación de grave perigo existente" na zona e asegurar os traballos.
Cabe lembrar que o viaduto do Castro, que conecta os municipios de Pedrafita do Cebreiro e Veiga de Valcarce (León), colapsou en xuño do 2022.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.