O MpB comeza a dividirse

Xa hai semanas que no Movemento pola Base (MpB) hai duas correntes ben diferentes sobre a política a seguir por este grupo excindido da UPG e que forma parte do BNG como corrente política...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 05/01/2009 | Actualizada ás 10:15

Comparte esta noticia

As diferencias estriban, fundamentalmente, en como visualizar os obxectivos deste movemento e presionar ao BNG para levalos adiante. Por unha banda, están os que consideran necesario que estes cambios teñen que xerarse dentro do propio organigrama nacionalista, mentres que os outros apostan por levar a cabo estes obxectivos dende fora do Bloque e como grupo ou formación política. No primeiro grupo está o núcleo duro da CIG con Manuel Mera e Ramiro Oubiña ao fronte, mentres que o segundo está composto por xente nova excindidada da UMG, as mocidades da UPG, e históricos como Fermín Paz.

As diferencias entre ambos sectores veñen dadas pola incapacidade de cambiar as dinámicas actuais do BNG. O segundo grupo considera que o sistema de delegados fai inviable calquera cambio importante dentro do Bloque xa que o quintanismo e a UPG controlan a maior parte dos delegados. O primeiro, en troques, cre posible que, coa unidade dos críticos (incluídos os irmandiños e os ex-camilistas) pódese seguir presionando á cúpula nacionalista.

A estas diferencias súmase, ademais, as diferentes estratexias de cara aos vindeiros meses. O grupo de Mera considera que excindirse agora do BNG (en pleno proceso electoral) supón "darlle munición ao PP e a algúns medios para atacar ao nacionalismo". En troques, o grupo de Paz cre que é agora cando se debe dar o paso, mesmo pensando en crear un gran fronte nacionalista-independentista tal e como se recolle no proceso Espiral. Ademáis critican ao grupo de Mera de "seguir directrices da CIG" e non da propia dinámica do MpB.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 61 comentarios

41 anónimo

http://es.youtube.com/watch?v=FId65...
vientos del pueblo cenetista

40 entre_lusco_e_fusco

cando o nacionalismo revolucionario galego marxista leninista da upg aprenderá a ser consecuente co que contén os seus estutos? aspiran acaso a convertir galiza nunha republica burguesa?

pragmatismo revolucionario é o de gordillo:
http://www.otromadrid.org/index.php...

o dos daquí son milongas que aspiran a oculpar poltronas de poder para que cambie todo sin cambiar nada ...

39 ass

Ten gracia que acusen de "liberados" a xente como Mera persoas (prque todos podemos imaxinar quen son) que moitos deles tamén son liberados! manda carallo!

Podese meter toda a merda que se quera, mas a realidade esta diante dos ollos: uns de compostela, que non podian obter a maioria para facer as suas tolemias politicas, practicaron a deslealdade e a puñalada coas e cos compañeiros da organizacion e asi autoproclamaronse a propia organizacion.

Pero esta claro quen é o Movemento pola base: quen ten a páxina web, quen conserva o voceiro, a maioria na Mesa Nacional e a dignidade.

A quen representan os que sairon na rolda de prensa? cantos deles estan na Mesa Nacional? Un? Menuda representacion.



Menos mal que o MpB non ten que ver con eles!

38 anónimo

al vent - raimon
diguem no – raimon
l´estaca – lluis llac

qué lonxe ... qué distancia ... qué estafa ...

37 anónimo