Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/11/2024 | Actualizada ás 19:56
Os bombeiros do parque provincial de Boiro participaron, ao redor do tres da tarde, nun operativo para sufocar un lume, segundo informa o Consorcio contra Incendios.
Tratouse dun operativo destinado a apagar un incendio orixinado nunha vivenda en estado de abandono na rúa Bordel, no municipio coruñés de Padrón.
As chamas comezaron no lixo que había no interior do inmoble e o operativo consistiu na súa extinción. Non houbo, precisan desde o Consorcio, que lamentar danos persoais.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.