A familia Franco quere chegar a un acordo coa Xunta sobre a Casa Cornide

Propón abrila coa supervisión do Goberno galego tras o expediente de sanción.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 23/11/2024 | Actualizada ás 10:52

Comparte esta noticia

O conselleiro de Cultura, José López Campos, informou de que a familia Franco propuxo á Xunta unha "fórmula de convenio" de colaboración para a apertura ao público da coruñesa Casa Cornide --á que están obrigados por tratarse dun Ben de Interese Cultural (BIC)--, despois do que Goberno galego lle abrira un expediente sancionador por 3.000 euros debido a este incumprimento.

A preguntas da prensa na Coruña, o conselleiro lembrou que está aberto un procedemento administrativo polo que se instou á familia á apertura con horario fixo do inmoble, pero, "ao non conseguir resultado", abriuse un expediente sancionador en curso, ante o cal o Franco presentaron un recurso co fin de "aclarar aspectos" sobre a resolución.

Explica que abren a "posibilidade" dunha "fórmula de colaboración" no sistema de apertura, cuestión que están a analizar os técnicos da administración para contestar, pois subliña que "son os propietarios os que que establecer un horario de apertura mínimo".

Incide en que o expediente en curso "finalizarase" e, "se familia incumpre a obrigación", a Xunta "sancionará" aos propietarios "ata que se produza unha apertura ordinaria e normal como establece a lexislación". Incide en que "os propietarios teñen unha responsabilidade legal: que é facilitar as aperturas durante uns horarios determinados".

Mentres, o consistorio herculino mantén, á súa vez, iniciados os trámites para recuperar para o patrimonio municipal o edificio, cuxa propiedade ostenta na actualidade a familia do ditador.

O coidador da Casa Cornide pecha a porta do inmoble, na Coruña
O coidador da Casa Cornide pecha a porta do inmoble, na Coruña | Fonte: M. Dylan

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta