O futuro de Louzán no fútbol, en entredito a pesar dos apoios do PP

Rodríguez Uribes, sobre Louzán: "A RFEF establece que non se pode presentar ninguén que estea inhabilitado xudicialmente".

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 02/12/2024 | Actualizada ás 21:38

Comparte esta noticia

Rafael Louzán, ex presidente do PP de Pontevedra e da deputación provincial volve a estar no ollo do furacán. A súa intención de presentarse á Presidencia da Real Federación de Fútbol está en entredito, a pesar do apoi de dirixentes do PP, entre eles, o presidente galego,Alfonso Rueda.

Luis Rubiales e Rafael Louzán
Luis Rubiales e Rafael Louzán | Fonte: RFEB

O presidente do Consello Superior de Deportes (CSD), José Manuel Rodríguez Uribes, afirmou este luns que a propia Real Federación Española de Fútbol xa establece nos seus estatutos que calquera candidato á súa presidencia non pode "estar inhabilitados xudicialmente", e remarcou que o organismo necesita a unha persoa á fronte que de "estabilidade e tranquilidade" e que sexa "unha persoa de altura de miras".

"Calquera persoa que se presente á presidencia da RFEF ten que ser unha persoa que estea en condicións de defender esas ideas de altura de miras, de estabilidade e de tranquilidade e que non estea nunha situación digamos penal que o imposibilite, as persoas concretas non debo dicir si ou non", afirmou Uribes aos medios.

Rodríguez Uribes replicou así á posibilidade de que o galego Rafael Louzán se postule como o gran favorito segundo varios medios a ser o seu novo presidente, a pesar de que este ten unha condena por inhabilitación. O presidente da Federación Galega tena recorrida, polo que non é firme, unha trécola xurídica á que se aferraría para presentarse.

Neste sentido, o dirixente recalcou que "hai que cumprir algúns requisitos". "Por suposto, os que establece a propia federación, que di que non se pode presentar ninguén que estea inhabilitado xudicialmente", aseverou.

"O que debo dicir é que aproveiten esta oportunidade para facer unhas eleccións que nos dean tranquilidade, estabilidade e que permitan que os próximos anos sexan anos de éxito e de normalización da Federación Española de Fútbol", resolveu Rodríguez Uribes, que reiterou que o papel do seu organismo é o de "garantir que se fagan as cousas ben".

Ademais, lembrou que non é momento de facer "futuribles" á presidencia da RFEF, porque están no momento da presentación de avais, e que ata agora "non se produciu ningunha candidatura oficial". "Debemos esperar. É o momento de aproveitar esta oportunidade democrática, para dar pasos que vaian na dirección da estabilidade e da normalización da federación despois duns tempos moi convulsos e moi complicados", apuntou.

O presidente do CSD lembrou que a Federación ten que "gozar de autonomía respecto ao CSD, aos clubs, a LaLiga e respecto de todos". "Depende dos asembleístas, que son os que teñen que votar, eu non debo pronunciarme", dixo.

Uribes recalcou que "a dirección" que se vai a tomar desde o seu organismo "é a de garantir sempre a legalidade, a normalización dunha Federación importantísima, a súa autonomía". "Eses son os criterios que a min me marcan e que me impulsan na miña posición de presidente do CSD", subliñou.

MUNDIAL

"Todos temos ganas de que haxa un presidente porque temos un Mundial por diante. Terá que decidir formalmente a FIFA o día 11 de decembro, pero é un Mundial moi ilusionante no que levamos traballando moito tempo. A RFEF tamén, por suposto, dunha forma moi central, pero o Consello Superior de Deportes e o Goberno de España", expresou Rodríguez Uribes.

Un Mundial 2030 que "ilusiona moitísimo" e para o que se necesita que a Federación estea "forte, tranquila, sen sobresaltos e que se pense no interese xeral de España e do fútbol". "Celebrar un novo Mundial despois do 82, é un motivo de felicidade, de satisfacción e de orgullo", apuntou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta