Carlos Aymerich: “O ciclo político do BNG expirou e terá unha vida vexetativa, nas deputacións e na CIG”

O ex voceiro parlamentario do BNG e cabeza visible da corrente Abrente fala alto e claro nesta entrevista sobre a asemblea nacionalista que esta formación celebra esta fin de semana. Un cónclave do que di, sairá unha lista continuista liderada pola UPG que, “de tanta pluralidade, sairá centrifugada”.

Por Xurxo Salgado | A Coruña | 26/02/2016 | Actualizada ás 13:00

Comparte esta noticia

“Hai xa quen se acomodou nas deputacións ou no sindicato e está moi quente. Cando vin que se primaba o número de liberados sobre outras consideracións e que non se lle discutiu ao PSOE ningunha presidencia, e que o inimigo non é o PSOE senón forzas políticas coas que debiamos ser máis próximos, como as mareas de Coruña, Ferrol ou Compostela, pois xa me din de conta”, é unha das reflexións que fai Aymerich.

Carlos Aymerich nunha intervención na Cámara galega
Carlos Aymerich nunha intervención na Cámara galega | Fonte: BNG

O dirixente nacionalista considera que xa non ten sentido “refundar” o BNG porque o frentismo “xa está pasado”,  senón traballar para unha candidatura unitaria nacionalista de esquerda.

Critica duramente á UPG por non querer asumir responsabilidades polos seus fracasos electorais e advirte que, tal e como fixeron nesta asemblea, para a próxima, buscarán responsables e os que están agora na lista, non estarán na seguinte.

Como ves a situación do BNG?
Vexo unha situación moi clara. Neste momento hai claramente, vese na lista oficial, unha coalición como a que existe na CIG, entre a UPG e o MGS e iso é o que dirixe o BNG e o que o dirixiu nos últimos anos. É o que hai. E os que non nos identificamos nesas coordenadas pois é complicado que esteamos.

E cantos sodes os que non estades nesas coordenadas?
Non sei. Non teño unha calculadora. Supoño que ben poucos... Non vou entrar. O importante é que o BNG sacou nas últimas xerais un 4,3% dos votos. Supoño que seremos eses. Pero iso non impide que a lista oficial siga o seu camiño.

Carlos Aymerich na súa etapa como deputado no Parlamento galego
Carlos Aymerich na súa etapa como deputado no Parlamento galego | Fonte: BNG

Desta volta semella xa que non hai volta atrás. Non seguirás ti e xente coma ti, non?
A quen te refires da xente como min.

A ti e á xente de Abrente, por exemplo...
Non sei. Eu falo por min, pero teño claro que nesta asemblea se non te identificas coa UPG e o MGS pois non hai nada que facer.

Pero iredes a asemblea a defender a vosa enmenda?
Si, claro. Vamos ir e defender a enmenda á totalidade. Quedamos no 2012 e demostramos que fomos leais. Entón dixeron que se ía rectificar e non foi así, e o tempo que nos demos expirou.

Dis que se ía rectificar. O que se ía cambiar?
Porque logo de Amio algunha xente na dirección dicía que o BNG ía ser a casa común do BNG. Era pouca a que o dicía, tamén é certo, e no 2013 xa vimos por onde ían os tiros porque as condicións non se deron e eu xa deixei o escano. Daquela foi copada a dirección pola única lista. O propio Vence confiaba en que se podían cambiar as cousas. E daquela xa lle dixen que non, e o tempo deume a razón.  A verdade é que é moi lamentable pero é así e hai quen está moi contento con esa situación.

Dis que quedastes por lealdade, pero vos acusaron de desleais?
Que queres que che diga se lle fan caso a estas parvadas. Pois se alguén está afeito a andar desacreditando á xente, eu non vou entrar niso... Mira agora o que pasa entre a UPG e o MGS. Eu sigo pensando que hai moita xente no BNG que non está polo insulto. Non hai que utilizar argumentos persoais, senón políticos. E iso bótase en falta. Que haxa explicación política dos resultados e recoñecemento de responsabilidades.

A que te refires cos problemas entre a UPG e a UMG?
O que vexo nas redes... As divisións entre a UPG e a UMG por temas de listas. Pois é normal que cando comezas nesta espiral pois que haxa xa disidentes dentro da casa e pelexando dentro da casa. Só tes que ver que moitos dos que estaban na lista oficial do 2013 xa están fora. Estou convencido que os que apoian esta lista do 2016 tamén estarán fora dentro duns anos.

O que me pintas é un Bloque que camiña cara a extinción?
Hai xa quen se acomodou nas deputacións ou no sindicato e está moi  quente. Cando vin que se primaba o número de liberados sobre outras consideracións e que non se lle discutiu ao PSOE ningunha presidencia, e que o inimigo non é o PSOE senón forzas políticas coas que debiamos ser máis próximos, como as mareas de Coruña, Ferrol ou Compostela, pois xa me din de conta. Por iso xa vin que non ía a haber lista unitaria. O sentido é que prepararse no deserto.

Pero iso dura, o que dura, catro anos
Ate a próxima asemblea e logo xa se buscarán culpables. Por iso digo que os que van nesta liña, non estarán na seguinte. Agora son Tereixa Paz e Carme Adán, Xavier Vence, etc. Cada vez o espazo se lle reduce máis. Había que dar un volantazo e non o queren dar. Non queren asumir responsabilidades e se lle segue votando a culpa aos medios, ao bipartito, aos votantes que non teñen escrúpulos. Non hai unha explicación política seria e tampouco autocrítica, e por iso non se rectifica nada.

Este mércores Pontón falaba de pluralidade da súa lista?
E cal é esa pluralidade?

Eu non o digo. Díxoo ela
De tanta pluralidade van saír centrifugados. Mira os últimos anos como foron.

Non ves cambio de proxecto político?
Non ten porque habelo. Podo entender algunhas das razóns de que Galicia necesita unha forza nacionalista. Pero hai que ver se ese nacionalismo que precisa é o da UPG e o do MGS. Que se diga que ten moitos riscos colaborar co espazo en Marea, é evidente, porque está en construcións e hai conflitos políticos. Pero haberá que ver polo que apostas. Hai un risco como que Podemos controle iso, pero, saída fácil non hai ningunha. Moita xente coa que falo di que Bloque está mal pero os outros tamén... A miña certeza é que o Bloque, polo camiño que vai, pouca marxe nos deixa aos que non compartimos a súa visión. E do outro, incerteza todo, pero polo menos, están en construción e podes incidir.

Incidir en que sentido?
Pois traballar para unha candidatura unitaria nacionalista de esquerda.

E velo posible?
Eu creo que ao final somos como pelotaris incansables, devolvendo a pelota contra o frontón. Tentámolo nas europeas, nas municipais, nas xerais e, agora, o BNG xa se pon fóra directamente. Seguramente terán unha maioría. O importante non hai ter unha maioría dentro, senón tela fóra.

E esa candidatura nacionalista pasa por xuntar á xente de Anova, Cerna, Abrente, Compromiso, as mareas...
Nós dicímolo na nosa enmenda. O ciclo político do BNG expirou e terá unha vida vexetativa, son nunhas deputacións. Pero, da mesma forma que agora hai moitos galegos que confiaban no BNG e o vían como opción, agora xa non o ven. Iso quere dicir unha cousa. Eles din que iso é electoralismo. Pois, entón, que se convertan nunha fundación ou nun clube de debate. Pero non vale xogar e logo se perdes dicir que ese xogo non interesa. E iso é porque non se queren dar explicacións, aínda sabendo que non son doadas. E o que hai que facer é recoñecer ese problema. Por iso a idea que trasladamos é que non é unha traxedia que o ciclo político expire porque as organizacións teñen o seu ciclo político e o BNG escribiu unha gran historia. Nos 60 reconstruíuse o nacionalismo pero logo non se lles ocorreu resucitar o Partido Galeguista. Agora non ten sentido refundar o BNG, senón refundar sobre bases novas unha organización nacionalista e de esquerdas. Ese é o reto. E malo sería se iso se fixera sumando cachos e repetindo un frentismo que xa está pasado.

Con todo hai alcaldes de Abrente que van na lista ao Consello Nacional da lista da UPG. Por que?
Iso tes que preguntarllo a eles. Cales son as súas razóns. Diranche que a situación en Tomiño ou en Rianxo pois fai necesaria a súa presencia.

Pregúntocho a ti porque os coñeces e, en teoría, son de Abrente?
Abrente non é unha organización disciplinada, nin pechada. É un grupo de xente que falamos e nos coordinamos.

E iso non é facerlle o xogo á UPG?
Eles fan o que cren que é mellor para o nacionalismo e para o seu concello.

Entón tamén Ana Pontón, Bieito Lobeira, Montse Prado, Goretti Sanmartín ou Noa Presas están nesa lista polo ben do nacionalismo?
Pois tamén. Supoño que ninguén está en política por intereses mesquiños. Creo que a xente que apoia esta liña política o fai porque pensan que é a mellor. Outra cousa que eu pense que ese non é o camiño. Por iso che digo que non temos que pensar que todo é por ruindade da xente. É máis simple pensar que hai diverxencias políticas. E que as dúas vías en conflito son válidas e que non teñen a ver con intereses persoais... Seguro que non.

Como ves o nacionalismo en xeral?
Está nun momento complicado e dentro desa complicación ábrense novas oportunidades e novos espazos. Hai moita xente nova. Xente arredor dos 30 anos que está farta disto que lle deixamos os máis maiores e que queren ilusionarse para facer novas cousas.

Pensas en alguén en concreto?
Pensas en moita xente coa que vas falando. Algúns xa hai 20 anos collemos un BNG en ascenso que  ilusionaba, eles tamén teñen dereito a iso. O BNG tal como está non lle vai dar e o espazo de En Marea levanta interrogantes como espazo en construción que é.

E o futuro de Carlos Aymreich?
Na universidade e na miña casa. Ti que cres?.... Tería que ser un masoquista. Outra cousa é que, como cidadán, queiras o mellor para o teu país. Pero é a quenda de outros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 43 comentarios

28 antipodemos

Sodes unha panda de inútles moitos de vós. O BNG presenta unha renovación da lista, por primeira vez cunha PORTAVOZ NACIONALSITA CONTRASTADA!! Ana Pontón unha patriota galega traballando por este país cousa que moitos non poden acreditar: 1. Con tan só 23 anos converteuse nunha das mellores secretarias de organizacion de Galza Nova!!! 2. Despois de 4 anos traballando por concenzar máis e ampliar a mocedade nacionalista con tan só 27 anos accede como deputada ao parlamento galego Todos sabemos que estes anos Ana Pontón nos representou e a escoura dereitosa non tedes nada para rebater a miña defensa!!!

1 antipodemos

E si, non hai que renegar do pasado, por iso está aí Bieito Lobeira, outro patriota galego como Ana (incluso máis porque leva máis tempo). Bieito era un mozo que ao deixar o parlamento falaba que probablemente volvese traballar ao mar, que era un tipo normal, pero todos sabemos que non, que se sacrificou por este país asumindo o que ninguén tiña collons a facer, que era a secretaria de organización do BNG, e Bieito despois de botar máis de 15 anos no parlamento sacrificou por moitos nacionalistas o seu desexo de traballar no mar por seguir xestionando o Bloque, e probablemente teña que seguir renunciando ao seu traballo no mar por traballar como secretario de organización do BNG. Son dous patriotas galegoos dentro dos multiples que preseentamos na lista. Outros non poden dicir o mesmo....

27 Lindoso

O ciclo polítco para outros é permanente. Eis o caso dos que van entrar no Consello Nacional do BNG pola cidade de Pontevedra. O gran valedor da Cidade da Cultura cando o bipartito, Luis Bará; A Carmen Dasilva, que pudo ser concelleira e deputada no parlamento á vez, e o xubilado de ouro e aquel líder que levou ao BNG á medicridade onde agora está, de nome Guillerme Vázquez. Tres profesionais da política liberada e tres, que segundo os regulamentos do propio BNG, xa non poden, ou non podían, ter cargos públicos. Pero Dasilva e Bará, como tantos de Pontevedra, aí seguen co consentemento, entre outros, dos intelectuais orgánicos cazasubsidios. É o que ten ser da UPG.

26 fegall

Aquí un militante nacionalista dende a fundación da AN-PG en abril do 75, xa choveu; oito anos na UPG, despois independente no BNG. En marzo de 2014 mandei todo ó carallo, enfastiado, e funme para a miña casa. Cando leo a meirande parte dos comentarios que aquí se publican reafírmome na miña decisión.

25 anonimo

En el día de hoy, cautivo y desarmado el separatismo gallego y tropas rojas, han alcanzado las tropas nacionales, sus mercenarios y Podrémicos paridos en los laboratorios del CNI, sus últimos objetivos electorales. La guerra contra el nacionalismo gallego ha terminado. El Generalisimo Paco el col-eta

24 Helia

¿Alguén sabe por que La Voz de Galicia, Santiago Rey e José Carlos Caneiro están tan concentrados no labor de defensa e promoción do BNG? Grazas.

1 Xoán Manuel

Porque agora toca demonizar a "En Marea". Ou non vos lembrades cando o BNG xa era o bó e o PSG - EG o malo por pedir a demisión do vicepresidente Barreiro?.

2 Próculo

Porque agora toca darlle argumentos aos que pretenden que o BNG se vaia definitivamente ao carallo (UPG) nesta asemblea, non pacte coas mareas e porque así se garantiza que non haxa una confluencia total que bote fóra o PP da Xunta. Trátase diso.