Temas: MúSICA

Á venda as entradas para o gravación do DVD en directo dos Resentidos

O grupo máis famoso e innovador do rock en galego sóbese de novo aos escenarios canda os mozos músicos que integran a big band da Lira, unha sección da banda de música de Ribadavia.

Por GC Tendencias | Ourense | 28/02/2016 | Actualizada ás 20:11

Comparte esta noticia

O espectáculo do 2 de marzo será gravado e audio e vídeo para editar o que será un novo álbum. A actuación consistirá nun percorrido polo repertorio histórico de Os Resentidos máis 6 temas novos mesturando as guitarras e as gaitas do grupo co vendaval da big band de A Lira.

Os Resentidos
Os Resentidos

Os concertos no Principal serán rexistrados en audio e vídeo para á próxima edición dun novo álbum con DVD pola compañía Dro Warner co patrocinio da Deputación de Ourense.

En total haberá 16 músicos en escena cun espectáculo que xirará durante todo o 2016. Son os Resentidos Xabier Soto (guitarra e voces), Rubén Losada (saxo tenor, frauta e voces) e 

Antón Reixa (voz); os colaboradores Piti Sanz (guitarra, charango, voces), Anxo Graña (gaita, saxo alto, percusión, voces),  Pablo Vidal (baixo) e Xabier Camba (batería) e a Big Band A Lira.

As entradas para Os Resentidos xa están a venda anticipada dende 15€ + gastos en Ataquilla.com.

Reixa e Baltar na presentación do retorno dos Resentidos
Reixa e Baltar na presentación do retorno dos Resentidos

 

Temas: MúSICA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Marchante

Triste final para un home cun concerto patrocinado pola De-puta-ción de Ourense e marcado pola súa xestión na SGAE... eu paso de ir..