Programa para concellos da Deputación da Coruña para a contratación de desempregados

Así o informa o organismo provincial e destaca o seu presidente, Valentín González Formoso, que resalta o "forte compoñente social" deste programa

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/02/2025 | Actualizada ás 19:28

Comparte esta noticia

A Deputación da Coruña destinará este ano case 3,5 millóns de euros a financiar a contratación de máis de 400 persoas desempregadas a través do programa PEL-Concellos, a liña do Plan de Emprego Local "que busca fomentar o emprego e mellorar a prestación de servizos sociais".

Así o informa o organismo provincial e destaca o seu presidente, Valentín González Formoso, que resalta o "forte compoñente social" deste programa. Del, afirma que "favorece especialmente a inserción laboral de persoas con maiores dificultades para acceder ao mercado de traballo".

Ademais, destacou que PEL-Concellos "é unha firme aposta polo rural xa que proporciona aos concellos pequenos os recursos humanos necesarios para ofrecer servizos de calidade á cidadanía".

Da achega, o 83,25% dos fondos concedidos (2,9 millóns de euros) destínanse a municipios de menos de 20.000 habitantes mentres que o 94% dos recursos "benefician a municipios de menos de 40.000 habitantes", sinala o organismo provincial que remarca que supón "un compromiso co desenvolvemento do rural".

Programa da Deputación da Coruña de apoio a desempregados. DEPUTACIÓN DA CORUÑA
Programa da Deputación da Coruña de apoio a desempregados. DEPUTACIÓN DA CORUÑA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta