Aymerich participa na conferencia política de ANOVA

O ex-voceiro parlamentar do BNG defende unha candidatura unitaria e di que hai moita xente esperando a que se aclare a situación política da esquerda.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 10/04/2016 | Actualizada ás 21:42

Comparte esta noticia

A presencia de Carlos Aymerich hoxe nas primeiras filas da Conferencia Política de ANOVA- ao lado do líder Xosé Manuel Beiras- suscitará comentarios na esquerda galega -inmersa na negociación dunha confluencia e na busca dun cabeza de cartel. Consciente do significado da imaxe, o ex-voceiro parlamentar do BNG quixo quitarlle ferro á súa presencia.

Aymerich na Conferencia Política de Anova
Aymerich na Conferencia Política de Anova | Fonte: JoshuaJuarezPaz

Así, o ex-deputado enmarcou a súa presencia na normalidade das relacións entre nacionalistas e na resposta a unha invitación.

Aymerich foi moi claro nas súas preferencias para as autonómicas: unha candidatura unitaria de esquerdas, non supeditada a un estratexia partidaria e en clave galega. Un punto de vista similar ao expresado con anterioridade por Xosé Manuel Beiras.

O político non milita en ningunha forza  despois de que deixara o BNG na súa recente Asemblea Extraordinaria. Hoxe dixo que hai moitos nacionalistas  "sen teito" están agardando a que se reconfigure o mapa político para tomar unha decisión. O profesor da UDC estivo acompañado por varias persoas de Abrente, a corrente na que se organizaron no Bloque os máis próximos á socialdemocracia tras a Asemblea de Amio.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 14 comentarios

4 Fartodenaziocomunistasindepes

Ya le tardaba. Todos estos sujetos, los que se fueron del BNG y los que aún están, son el cáncer de nuestra región y de España. El nazionalismo no trae más que división entre los españoles. En Galicia no son nadie comparados con el PP, quien les dobla o triplica en votos. Sólo con el apoyo del PSOE, también doblado en votos por el PP pueden aspirar a entrar en el gobierno. El problema es el PSOE, partido que no demuestra sentido de Estado y en cuanto tiene ocasión vende hasta a su madre por alcanzar un puestecillo y echar al PP. Esperemos que eso no suceda y que el PP alcance de nuevo su enésima mayoría absoluta en nuestra querida región gallega.

1 José

A ver meu querido pueblerin-o, a túa querida rexión galega vas ver como canta a cachón o seu himno nacional no partido de futebol que vai desputar a nosa querida seleción nacional. E por se non te decatas, cada vez serán máis as hordas galegas dispostas a prescindir da túa querida españiña, esa que denomina arte e cultura á tortura dos bois que, por certo, o BNG non parece disposto a eliminar de Pontevedra.

3 Antón de Guizán

Aymerich: A pillar cacho para volver áo Parlamento Galego e, a poder ser, pillar unha Consellería

2 Mper

Eu como exvotante do BNG e non militante, flipo con este señores aos que votei, penso que son coma o aceite sempre na superficie a morder,, se eu estivera en Amio houberaos apoiado, pero daquela falaban de nacionalismo e de esquerda, agora omiten o primeiro, vamos que fan quedar de coherentes a odiada UPG , e todo pra aproveitarse do electrorado de Podemos que e nova moda na superficie.E todo pra cogobernar co Psoe igualiño que o Bng, enfin ate deixan ben ao Quintana ao que tanto quixeron derribar xunto a esquerda española

1 Leirachá

Igual que o BNG, asi se fala. Ben, igual de todo non, case. Vexamos a diferenza: a estas alturas o Bloque xa teria pactado co PsoE, as Mareas fanse de rogar. Lembremos que o Bloque apoiou a ZP, ate a impresentable Magdalena Alvarez do planGaliciademierda non quixeron reprovar. E todo para manter barriguinhas agradecidas...

2 para leirachá

Sr/sra leirachá, o BNg abstívose na investidura do ZP e Galiza recibiu a cambio millóns de euros. A día de hoxe Galiza está missing nas fotos, na voz e nas formas. Os srs das mareas decidiron foder a toda unha provincia e concellos pequenos cunha moción de pasar a concurso na deputación da coruña todo por riba dun euro e paralizando a institución mentras que no concello da coruña levan case dous millóns de euros licitados sen transparencia. Ah! e na deputación facendo pinza co PP, o mesmiño que pasará aghora no estado coa chulería do madrileño pablo ijlesias que tanto amades e o que pasará en galicia pola vosa incompetencia. iso si, a comer por iso se vos une o aymerich

1 exTerco

Aymerich é do mellor que había no BNG. E como todo o mellor, xa marchou.

1 anónimo

Douche a razón