Rescatan unha femia de arroaz e a súa cría na Toxa

Os dous exemplares foron devoltos ó mar grazas a un amplo dispositivo coordinado pola CEMMA.

Por Galicia Confidencial | A Toxa | 13/04/2016 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

O centro de coordinación da Rede de Varamentos de Galicia, xestionado pola CEMMA, recibiu este martes, ás 13.00 horas, a alerta da presenza de dous arroaces varados con vida ao pé da ponte da Toxa, unha nai e seu cachorro preadolescente.

Rescate dun dos arroaces atopados na Toxa
Rescate dun dos arroaces atopados na Toxa | Fonte: CEMMA.

A presenza destes dous exemplares motivou a posta en marcha de xeito urxente do protocolo de asistencia de cetáceos varados vivos. Cara o lugar saíu dende Nigrán a Unimóbil Monodón e foron alertados dous equipos máis da zona.

O labor de asistencia e reintrodución no mar comezou ás 15:00 horas. Os dous grupos conformados dividíronse nun de oito persoas para mover os 400 quilos da mamá arroaz e noutro de seis para mover os 300 kg. do cachorro.

Pouco a pouco, os equipos foron levando en padiolas os dous exemplares. O rescate foi efectivo, traspasada a ponte, e os dous animais foron liberados conxuntamente e puideron finalmente nadar libres nas pozas fronte ao Grove, mais non puideron abandonar a zona ata que a marea en ascenso lles abriu un corredor de saída con suficiente profundidade, segundo informa a CEMMA.

Nas tarefas de rescate colaboraron tamén membros de Protección Civil, Gardería de Medio Ambiente, equipo de BDRI e a Confraría de Pescadores.

Dous arroaces identificados na Toxa
Dous arroaces identificados na Toxa | Fonte: BDRI.

Dous equipos participaron no rescate de dous exemplares de arroaz atopados na Toxa
Dous equipos participaron no rescate de dous exemplares de arroaz atopados na Toxa | Fonte: CEMMA.
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta