O BNG desterra a lista Nós-Candidatura Galega

Ana Pontón di que se presentarán como BNG se se repiten as xerais e anuncia que poderían cambiar os cabezas de lista.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 26/04/2016 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Nós-Candidatura Galega, a coalición baixo a que se presentou o BNG durante as pasadas eleccións xerais, podería ter os días contados. A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, anunciou que se se repiten os comicios, esta formación concorrerá coas súas propias siglas.

Cabezas de lista de Nós-Candidatura Galega
Cabezas de lista de Nós-Candidatura Galega | Fonte: Cadenaser.com

A nova líder nacionalista dixo que esta decisión está en consonancia co que decidiron as bases na XV Asemblea Nacional, celebrada na Coruña, para ir ás eleccións galegas, aínda que non se pronunciaron sobre unha hipotética repetición das xerais. “Na Asemblea da Coruña a militancia adoptou unha serie de decisións en canto ás fórmulas de concorrencia para as eleccións galegas, polo que a mesma valería para as xerais", destacou.

Os votantes teñen que saber o que votan", dixo ao defender que o Bloque se presente coa súa propia marca, a diferenza dos pasados comicios nos que foron baixo a candidatura Nós Candidatura Galega. Sen embargo, Pontón non pechou a que outras formacións como o Partido Galeguista (PG), Coalición Galega (CG), Partido Comunista do Povo Galego (PCPG) e Fronte Obreira Galega (FOG) participen desta lista do Bloque.

A líder nacionalista tamén advertiu que tamén serán os militantes os que decidan os nomes para encabezar esa candidatura. Unha situación que pode provocar cambios con respecto aquela lista, a pesar de que todos os cabeza de lista eran militantes do Bloque.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

7 sf6b

Dos directores de Batacazo I, chega Batacazo II, máis e mellor. Nada novo que aportar.

6 o lagarto camaleon

lembrade o vello -vieiras arrastrouse por tantos partidos - rexionalistas, piñeiristas, pesoistas-galeguistas, bloque, bloque esquerda galega, irmandiños, cuñadanos, anovados, reanovados, ageiros, mareyanos e agora xa podreiros... o vello rematara outra vez no pesoe de candidato de pesoe buscan certa camandula vella...

5 A Tahona

NOSCAGA, xa non vai CAGAR e Carlos Callón xa non vai falar coa cachucha nin vai aparecer na lista electoral

4 balbino

Outra vez noraboa a Galicia Confidencial polo gran titular, totalmente sesgado e buscando unha opinión a primeira vista, cada día máis parecido a ABC, La Razón e demáis borralla periodística.

1 comunista independentista

Menos mal que está o Sermóns Paliza para dar exemplo de imparcialidade, pluralidade e neutralidade. Menos mal que está o comisario Mejuto para dar leccións de ética xornalística. Un pulitzer xa!

2 evs

Jaja os do BNjaja dando leccións moraes e de ética borralleira piriodística buajajajajaja... me desmendrejo.

3 balbino

Moi orgulloso de ser do partido máis democrático do estado español, con tódolos seus erros, o único que defendeu sempre os intereses de Galicia por riba de modas e presions mediáticas, se estades avergonzados do que sodes nom lle votedes a culpa os demáis, comunista ainda estamos agardando o tua crítica a protexida Yolanda, iso si que é peor que toda a corrupción xunta deste país, nom se pode caer máis baixo. A ver se argumentades algo do que defendedes sen facer comparacions das que saides perdendo. Sorte de vos que tedes un canal so para idolatrar o voso gran líder Pablo, igual que os grandes partidos PPSoe, nos conformamonoss con esforzo e traballo de xente que quere colaborar.

3 Balbino Fernández

Era unha aposta pola apertura. Era pluralidade. Era recoñecer a diversidade e fomentar a unión... Xa non era, xa non é... Que pronto se destapa que todo foi una farsa. Canta razón tiña o Bautista, que treman alguns amamantados do aparato, se o vello fala van quedar espidos coas vergoñas ao descuberto. Pobre Ana, grande batacazo en xuño... Xa era!