O BNG desterra a lista Nós-Candidatura Galega

Ana Pontón di que se presentarán como BNG se se repiten as xerais e anuncia que poderían cambiar os cabezas de lista.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 26/04/2016 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Nós-Candidatura Galega, a coalición baixo a que se presentou o BNG durante as pasadas eleccións xerais, podería ter os días contados. A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, anunciou que se se repiten os comicios, esta formación concorrerá coas súas propias siglas.

Cabezas de lista de Nós-Candidatura Galega
Cabezas de lista de Nós-Candidatura Galega | Fonte: Cadenaser.com

A nova líder nacionalista dixo que esta decisión está en consonancia co que decidiron as bases na XV Asemblea Nacional, celebrada na Coruña, para ir ás eleccións galegas, aínda que non se pronunciaron sobre unha hipotética repetición das xerais. “Na Asemblea da Coruña a militancia adoptou unha serie de decisións en canto ás fórmulas de concorrencia para as eleccións galegas, polo que a mesma valería para as xerais", destacou.

Os votantes teñen que saber o que votan", dixo ao defender que o Bloque se presente coa súa propia marca, a diferenza dos pasados comicios nos que foron baixo a candidatura Nós Candidatura Galega. Sen embargo, Pontón non pechou a que outras formacións como o Partido Galeguista (PG), Coalición Galega (CG), Partido Comunista do Povo Galego (PCPG) e Fronte Obreira Galega (FOG) participen desta lista do Bloque.

A líder nacionalista tamén advertiu que tamén serán os militantes os que decidan os nomes para encabezar esa candidatura. Unha situación que pode provocar cambios con respecto aquela lista, a pesar de que todos os cabeza de lista eran militantes do Bloque.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

2 Asesores de AGE non

A ex testigo de Jehová avisa a navegantes http://www.lavozdegalicia.es/notici...

1 Tarsio

Non me estraña. Calamidade de K-ión