O Encontro Internacional de Gaiteiros, declarado festa de Interese Turístico Galego

A trixésimo-primeira edición, que se celebrará este ano, reunirá a gaiteiros de Irlanda, Holanda, e Francia, entre outros.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 27/04/2016 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia declarou o "Encontro internacional de gaiteiros", que acolle cada ano a provincia de Ourense, como Festa de Interese Turístico de Galicia, unha distinción que, segundo o organismo provincial “permitiralle situarse como un referente da gaita, ao reunir cada ano a gaiteiros de todo o mundo na provincia”.

Participantes estranxeiros no Encontro Internacional de Gaiteiros de Ourense
Participantes estranxeiros no Encontro Internacional de Gaiteiros de Ourense | Fonte: espana.com

Este encontro está organizado anualmente pola Deputación de Ourense e o consistorio de Monterrei, con actividades no castelo de Monterrei, en Verín e no barrio da Ponte de Ourense. "Destaca polo lugar onde se celebra, como por ser o único festival monográfico sobre gaitas do mundo, tanto no ámbito galego como estatal", apuntou Rosendo Fernández, vicepresidente da Deputación de Ourense.

Este evento, que rememora a orixe da primeira reunión co gaiteiro de Pontevedra, Óscar Ibáñez, nas festas da Ponte, púxose en marcha en 1986 co entón presidente da Deputación, Victorino Núñez, que o trouxo a el desde Barcelona a Ourense, en 1985. Actualmente, ten como sede permanente o Castelo de Monterrei desde 2007.

A trixésimo-primeira edición, que se celebrará este ano, reunirá, segundo indicou a deputación provincial, a "gaiteiros de Irlanda, Holanda, Francia, entre outros" tanto en Monterrei como na capital ourensá.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta