Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/04/2025 | Actualizada ás 19:04
Distintos representantes orgánicos e institucionais do PSdeG ofreceron este sábado comparecencias en distintos lugares da xeografía galega para denunciar a "inacción" do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, para facer fronte á crise dos aranceis.
Deste xeito, en Pontevedra, a senadora Carmela Silva; a parlamentaria autonómica Palomaa Castro; o secretario provincial do PSdeG, David Regades, e o portavoz municipal, Iván Pontes, denunciaron o "silencio absoluto" e a "inacción cómplice" do PP de Galicia coa guerra arancelaria dun Donald Trump "eloxiado en redes sociais" por cargos do PP de Pontevedra.
Neste sentido, a senadora Carmela Silva mostrou a súa preocupación ante a "falta de posicionamento" do Goberno de Galicia, pero tamén "de todos os políticos e políticas do PP de Pontevedra" que, segundo sinalou, "non están a achegar nin unha soa idea e aos que só lles preocupa criticar a un presidente Pedro Sánchez que está a realizar un traballo fundamental" para o país.
Pola súa banda, Castro esixiu a Rueda que impulse medidas complementarias ás do Goberno, tal e como xa fixeron os presidentes de comunidades presididas polo PSOE como Cataluña ou Asturias. "Parece que só ten a cabeza en Altri e que o demais lle dá igual", censurou nun acto no que Iván Pontes acusou ao PP de Pontevedra de "estar calado e facendo un traballo soterrado que só beneficia a Trump e aos intereses de EE.UU.".
A CORUÑA E FERROL
Tamén este sábado, o PSdeG provincial da Coruña celebrou outra rolda de prensa na que a deputada no Congreso Obdulia Taboadela puxo en valor as medidas activadas polo Goberno de España ante esta problemática. Pola súa banda, o deputado autonómico, XulIo Abalde, alertou do impacto que terán sectores "importantísimos" en Galicia como o vitivinícola e sostivo que é "urxente" que a Xunta tome medidas para apoiar a eses sectores en aspectos como a internacionalización, a procura de novos mercados, a dixitalización e a transformación".
OURENSE
Ademais, noutra rolda de prensa ofrecida en Ourense, o senador Rafael Rodríguez Villarino e a deputada no Congreso Marga Martín emprazaron ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e ao líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, a apoiar a dereito lei impulsado polo Executivo estatal e no que se activa o Plan Nacional de Resposta e Relanzamento Comercial.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.