Axuda galega para os afectados polo terremoto de Myanmar

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/04/2025 | Actualizada ás 12:30

Comparte esta noticia

A Xunta activou o convenio con Farmamundi para unha intervención de emerxencia en Myanmar tras o terremoto de magnitude 7,7 e as súas réplicas que sacudiron o centro e o sur do país asiático. O Executivo galego destinará un orzamento de 10.000 euros para atender a unhas 875 persoas, a maioría mulleres e menores de idade en situación especial de vulnerabilidade nas rexións centro e noroeste, as máis afectadas o sismo.

As principais actuacións serán a asistencia médica de emergenica e a distribución de medicamentos unidades de convivencia, tanto para a protección das inclemencias meteorolóxicas como de distribución de materiais de hixiene persoas e utensilios básicos de cociña e do fogar.

A distribución de medicamentos e material sanitario ás estruturas de saúde máis afectadas beneficiará, polo menos, a 500 persoas que reciben asistencia médica de emerxencia. A distribución de bens básicos de amparo protexerá a 25 familias máis vulnerables das duras condicións meteorolóxicas e polo menos 50 unidades de convivencia recibirán kits de nutrición e de hixiene básicos co obxectivo de promover a hixiene persoal e axudar ás familias a restablecer as súas rutinas domésticas.

Terremoto en Myanmar
Terremoto en Myanmar | Fonte: ONU

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta