Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/04/2025 | Actualizada ás 17:59
Uns 40 migrantes acollidos no centro de Mondariz-Balneario deberán abandonar o dispositivo ao ver rexeitadas as súas solicitudes de asilo.
Así, segundo confirmaron fontes do Goberno central, estas solicitudes foron denegadadas por "non cumprir cos requisitos establecidos", moitos deles por non considerarse lugares como Senegal ou Gambia países "en guerra" como tal, coma se está recoñecido Mali, por exemplo.
Este catro decenas de migrantes dos ao redor de 300 que están acollidos no dispositivo están a recibir asesoramento por parte do Concello, tal e como confirmou o alcalde da localidade a Europa Press, César Gil.
A rede de voluntarios do Concello acompáñaos e explícalles en que situación están agora mesmo. As solicitudes denegadas son recurribles e poden obter o permiso, de igual maneira, se asinan un contrato laboral.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.