Jorquera critica aos partidos de En Marea por xuntarse só "para sacar réditos electorais"

Anuncia que non estará nas listas do BNG para as autonómicas para "dar a substitución" e di sentirse, ás veces, máis valorado fora do Bloque que no Bloque.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 04/05/2016 | Actualizada ás 13:45

Comparte esta noticia

O portavoz do BNG no Parlamento, Francisco Jorquera, denunciou este mércores a aquelas formacións, en alusión aos partidos integrados en En Marea, que se xuntan "pensando unicamente en réditos electorais".

Francisco Jorquera (BNG)
Francisco Jorquera (BNG)

Por iso, suliñou que que o BNG non se suma ás mareas porque sería unha "aposta errónea" en canto á defensa dos intereses de Galicia. "Se en política só impera o pragmatismo electoral, "logo pasa o que pasa e Galicia, como no momento actual, queda desaparecida do debate do Estado", dixo.

Nunha entrevista na Radio Galega, criticou que En Marea "non optou por criterios independentes" para xogar un perfil propio no Congreso, e que en cambio si o fixeron os seus homólogos valencianos. "A decisión de En Marea fixo que os votos dos galegos quedasen sumidos nos ditados de Pablo Iglesias e Podemos, que non é o que necesita Galicia nin o que defende o BNG", engadiu.

Ademais, Jorquera destacou que o mapa que deixaron as xerais de decembro "facía posible un cambio" de políticas que permitía desbancar ao PP, pero a "actitude" de Podemos e PSOE "de pensar máis en intereses partidistas que no interese xeral" imposibilitouno.

Unha actitude, a de ambas as organizacións, que tachou de "irresponsable" e, fronte a iso, lembrou como "en cambio o BNG actuou sempre con xenerosidade", antepondo os intereses do país antes que os seus propios.

Por outra banda, Jorquera, que estivo no Congreso, no Senado e no Parlamento galego, anunciou que acompañará a Ana Pontón na lista que presente para as vindeiras autonómicas. "Non quero ser deputado na próxima lexislatura", dixo, ao considerar que é hora de "dar a substitución".

Ademais, dixo marchar da política con certa sensación de tristeza. "Ás veces, escoito máis expresións de recoñecemento de forzas que están nas antípodas do BNG que no propio BNG”, suliñou e recoñeceu que isto é, en parte, pola falta de “autoestima” das forzas nacionalistas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 15 comentarios

3 mirandés

Mintirooooso!. Non vai estar nas listas pra evitar darlle outro pico a Callón, ou pensa que non vimos a súa cara de estar a bicar un bacallau?.

1 Dores

Hahahahaha...!!!

2 antonino

Que o diga un dirixente da mafia estalinista UPG, que leva 20 anos poñendo caretas electorais para esconder a sua noxenta imaxe de partido comunista duro e despois tirandoas o lixo, ten pelotas...

1 Próculo

O Bloque non quere votos?

1 Comunista

Non. Só queren, subvencións, postiños e liberacións. E con iso xa están tranquilos e caladiños. Por iso os defenden tanto La Coz, El Correo e até o propio Pp-PsoE.