Jácome irá ao Supremo para tentar que o editor de La Región sexa condenado por "atentar" contra el

O alcalde de Ourense pide unha rectificación da sentenza do TSXG para que "non abra unha veda" de violencia contra cargos públicos ou alcaldes.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/04/2025 | Actualizada ás 18:46

Comparte esta noticia

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, anunciou que recorrerá ante o Tribunal Supremo a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) para que a agresión sufrida por parte do editor de 'La Región' se recoñeza tamén como un atentado á autoridade.

O rexedor emitiu este venres un comunicado tras a publicación deste xoves da sentenza, na que a Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ratificou que o editor do xornal debe pagar unha multa de 600 euros e indemnizalo con 3.180 euros por un delito leve de lesións, ao agredir ao alcalde de Ourense. Con todo, segundo exponse na sentenza, a Sala absolveuno do delito de atentado contra a autoridade ao entender que o acusado non cometeu a agresión en represalia por decisións ou resolucións tomadas polo rexedor no exercicio do seu cargo.

Pola súa banda, Jácome confirmou que recorrerá a resolución porque entende que "non pode quedar impune unha agresión á autoridade" xa que, de ser así, "estar a abrir a veda para que se poida agredir a calquera autoridade argumentando que existía unha inimizade manifesta previa".

Nesta liña, preguntouse: "Que pasaría se no canto de ser o agresor o dono dun xornal e o agredido o alcalde de Ourense, fóra o agresor outra persoa e o agredido o presidente da Xunta? Quedaría impune se houbese unha inimizade manifesta previa?". Así, puxo de exemplo ao presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, deslizando que nese caso o agresor non quedaría impune.

O alcalde de Ourense en funcións, Gonzalo Pérez Jácome / Agostime -  / Europa Press
O alcalde de Ourense en funcións, Gonzalo Pérez Jácome / Agostime - / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta