O BNG quédase só co PCPG e a FOGA

Luís Bará e Ana Miranda poden liderar a lista do Bloque por Pontevedra, que repetirá candidatos para as xerais nas outras tres provincias.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 11/05/2016 | Actualizada ás 10:50

Comparte esta noticia

Xosé Luís Bará Torres será, salvo sorpresa de última hora, o cabeza de cartel do Bloque pola provincia de Pontevedra para o 26 de xuño. O concelleiro de Mobilidade e Patrimonio Histórico do Concello de Pontevedra substituirá neste posto a Carme Adán. 

Luis Bará
Luis Bará | Fonte: Adrián Estévez (Estevoaei) wikimedia

A política viguesa renunciara tras os pésimos resultados do 20D e por non compartir a estratexia do Bloque de pechar a porta as mareas.

O nome de Bará, filtrado o martes, ten que ser confirmado no Consello Nacional deste sábado. O propio interesado non confirmou a noticia, pero publicou un chío cunha cita de Castelao a prol das forzas políticas nacionalistas:

Bará é un político cunha longa carreira, fundamentalmente como concelleiro de Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra e principal referente municipal da UPG, o partido comunista máis numeroso na fronte. A súa escolla mostra como o Bloque insiste na liña -defendida pola UPG- de non pactar con forzas de ámbito estatal.

Si tenta pactar con outras forzas moi pequenas de ámbito galego. O Bloque ultima acordos coa Federación Obreira Galega (FOGA) e o Partido Comunista do Pobo Galego (PCPG) para formar unha lista que planea chamar BNG-Nós Candidatura Galega.

O 20 de decembro presentouse só como parte da coalición Nós Candidatura Galega. Dela formaron as tres forzas xa citadas máis Coalición Galega e o Partido Galeguista. Coa saída destas dous últimos partidos, de ideoloxía de centro-dereita, a nova coalición limítase a forzas de ideario marxista e asume as siglas do BNG como referente principal.

O Bloque citou como causa dos nefastos resultados das xerais a ausencia do BNG das papeletas. Agora tentará volver as cortes con candidaturas que repiten cabezas de cartel (Carlos Callón na Coruña, Noa Presas en Ourense e Olalla Rodil en Lugo) salvo en Pontevedra, onde ademais de Bará pode incorporarse como número 2 Ana Miranda, a eurodeputada.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 19 comentarios

12 Nome

A culpa é da FPG

11 arzuacapital

tremenda coalición...a FOGA.... 20, 15 ou 14 interesados da CIG hai nada no xogo da fpg-anova cos martiñistas. O PCPG... 4 ou 5? Dá pena o panorama nacionalista galego.

1 Xan do Paxaro

Os 200 ou 300 de Agora Galiza metidos na cova, sin querer saber nada de nadie, nin se presentar as eleccións, nin nada... FPG-anova diluíndose nun partido xacobino español no que queren diluirse os excindidos de foro, abrente e cerna, e o BNG sen forza e sen crear moita ilusión na xente... panorama desolador tamén na esquerda nacional galega.

10 Crus e Raia

"Non están soiños, están con PCPG e a FOGA" ... Parabéns, xa era hora que que este medio dixital abandonara a sua liña editorial e se dedicara a facer humor, que falta fae.

9 Xan do Paxaro

Beiras meteu a IU e a podemos na política galega, agora que xa teñen asento dánlle a patada no cú, nin grupo parlamentario, nin partido instrumental, nin rabo de gaitas... e algúns montan un Foro galego pa irse meter aí, imosche apañados!!! Logo falan da UPG... pero a baixada de pantalons de Anova é monumental, vos a calar e a obedecer ós de Madrid!!!

1 Comunista

Ides falar no BnG, a organización que se baixa os pantalóns todos os días ante os seus acredores da banca española á que debe pufos millonarios: liquidación da ForGa, despedimentos de traballadores da CiG, permisividade con Reganosa e ENCE, peche de A Nosa Terra,... Por non falar do seu papel de esbirro de PPsoE contra as Mareas. Mellor era que ficarades caladiños.

2 eueu

De grupos parlamentarios exitosos podemos falar do último do Bng no Congreso (español !!!!), tamén prometian ter grupo mesmo con artimañas de préstamos de escanos, e que pasou: BLUF BLUF. O Bnjajaja non deberia de ter tanta fachenda do que nunca logrou. E ide desaparecendo que xa cheirades a podre!

8 mais val só...que mal mandao.

Denentes eran as tropas de Isabel a Católica, logo foron os militares do franquismo, os que mataban aos patriotas, nas compasontos, nas gaioas. Agoran son os bombardeos mediáticos da propaganda expañolista, a conquerir as mentes dos galegos. Por iso, por estar sempre a cabeza da defensa dos intereses do pobo galego, sen venderse e ir de cipaios...Grazas UPG, grazas BNG,.