Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/05/2025 | Actualizada ás 19:01
Ao redor de 300 empresas galegas, das que están afectadas por convenios colectivos revisados ou asinados en 2024, aplican desde o ano pasado unha xornada laboral igual ou inferior ás 37,5 horas semanais.
Segundo trasladou o Consello Galego de Relacións Laborais (CGRL) nunha nota de prensa, en 2024 un total de 293 empresas, nas que desenvolven o seu labor 13.317 persoas traballadoras, accederon a unha xornada laboral máxima de 1.710 horas anuais, equivalentes a unha contía lixeiramente inferior á proposta de redución aprobada este martes polo Consello de Ministros.
Nesta liña, os datos proceden da análise dos convenios asinados e revisados pola entidade ao longo de 2024, período no que un 72,44% --113 en termos absolutos, dos cales 35 son de sector e 78 de empresa-- regularon expresamente a xornada anual.
Así, un 17,7% dos convenios colectivos galegos, ben sectoriais ou ben de empresas, establece unha xornada laboral máxima inferior ás 37,5 horas semanais e tan só un dos convenios asinados no pasado exercicio esgota as 1.826,27 horas máximas legalmente previstas, o que representa un 0,88% do total dos analizados en 2024.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.