Jácome avisa: "Se non se aproban os ozamentos haberá cuestión de confianza"

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 06/05/2025 | Actualizada ás 20:59

Comparte esta noticia

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, avanzou a intención de levar a pleno os orzamentos nunha sesión extraordinaria o próximo día 23 de maio e, de non saír adiante as contas, advertiu de que formulará unha cuestión de confianza para forzar a súa aprobación tras levar desde o ano 2020 cos orzamentos prorrogados.

Nunha nota de prensa, o Goberno local explicou que o orzamento "xa se atopa en intervención na fase de fiscalización", para o que o servizo "ten como data límite para emitir o seu informe o 15 de maio". Así, "tras negociar cos grupos da oposición", o Executivo de Pérez Jácome ten intención de convocar unha sesión extraordinaria do pleno o día 23 de maio. De non aprobarse na sesión plenaria, explica, o rexedor ourensán formulará unha cuestión de confianza para forzar a súa aprobación.

Segundo detallou, o proxecto prevé un incremento dun 10% en relación co de 2020 e no capítulo de gasto social preténdese incrementar un 20%. No capítulo de ingresos, o Goberno municipal afirma que "conxela a totalidade dos impostos" e "practicamente a totalidade das taxas, coa excepción de tarifa da auga, modificada por imperativo da Comisión Europea". Paralelamente, engade, "levou a cabo unha revisión das bases de execución, normativa que acompaña os orzamentos, para asemellalas á maioría dos concellos de gran poboación".

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome /  Rosa Veiga - Europa Press  / Europa Press
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome / Rosa Veiga - Europa Press / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Pedro Sánchez é o Presidente con menos Orzamentos Presentados e Aprobados en Sete anos só lle aprobaron TRES (2021-2022-2023) o resto ou foron prorrogados ou simplemente nin siquera se molestou en presentalos. Jácome non debera pretender estar por riba do Presidente do Goberno de España