Por GC Emprende | A Coruña | 16/05/2016 | Actualizada ás 11:30
A Confederación de Empresarios da Coruña (CEC) acaba de crearu un ecommerce de cursos de formación privada ante a falta de convocatoria de plans de formación por parte da Administración Pública,
Con este portal de comercio electrónico, segundo informa a propia entidade, "poderase atender a demanda actual de empresas e traballadores, pondo á súa disposición a gran experiencia da CEC en formación e ofrecendo propostas baseadas na calidade". Entre a súa oferta hai talleres de inglés e vendas, cursos de certificación en coaching executivo e mentoring, comunicación e mercadotecnia dixital.
Ademais, apunta que este portal facilita a compra de produtos e servizos da patronal de forma "sinxela e cómoda", ofrecendo formación nas modalidades presencial, teleformación e mixta e renovándoa de maneira continua. "Actualmente atópanse dispoñibles unha serie de cursos que están a recibir unha boa acollida entre os nosos usuarios", indican na CEC.
Doutra banda, renovouse o deseño da páxina web para facelo máis actual e intuitivo de face aos usuarios. Ademais, incluíuse un blog de noticias, onde os visitantes poderán consultar a actualidade da CEC a través dos seus diferentes departamentos e as novidades das asociacións integradas na Confederación.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.