Municipios de Pontevedra e Lugo sofren pequenos terremotos nos últimos catro días

Están afectados varios concellos.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 19/05/2025 | Actualizada ás 12:38

Comparte esta noticia

As provincias de Pontevedra e Lugo rexistraron pequenos movementos sísmicos no últimos catro días, o último esta pasada madrugada en Vila de Cruces. Así o recolle o Instituto Xeográfico Nacional que precisa que este tivo unha magnitude 1.7, similar á rexistrada noutros pequenos terremotos nos últimos días.

Así en Vilaboa, tamén na provincia de Pontevedra, tívose constancia doutro pouco antes do dez da noite do día 18 con magnitude 2. O día 16, ás 10 da mañá, foi no municipio pontevedrés da Estrada, con magnitude 1.6, a mesma rexistrada en Ribeira de Piquín, xa na provincia de Lugo, ao redor do seis da tarde.

Arquivo - Análise de movementos sísmicos. UNIVERSIDADE DE TEL AVIV - Arquivo
Arquivo - Análise de movementos sísmicos. UNIVERSIDADE DE TEL AVIV - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta