Temas: LUGO

Nace Muralla Aberta, unha nova revista cultural en Lugo

A publicación dixital está impulsada pola Área de Cultura da Deputación de Lugo e a UNED.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 21/05/2016 | Actualizada ás 10:32

Comparte esta noticia

Muralla Aberta é o nome da nova publicación en formato electrónico que acaba de xurdir en Lugo co pulo da área de Cultura da Deputación de Lugo e a UNED dentro do proxecto “Lugo Cultura Dixital”.

Porta de San Pedro de Lugo
Porta de San Pedro de Lugo | Fonte: Guido

O seu  obxectivo fundamental é a difusión dixital de información de índole cultural da provincia de Lugo e a promoción dos eventos de máis dun cento de asociacións culturais adscritas ao proxecto.Tentará ser unha canle de difusión cultural dende a edición dixital e abordará diferentes temáticas con artigos de cine, literatura, historia, arte ou pensamento.

O Delegado de Cultura da Deputación de Lugo, Xosé Ferreiro, xunto co director do Centro Asociado da UNED de Lugo, José Luis Prieto Arroyo, presentaron este mércores esta nova publicación que terá unha periodicidade anual, será distribuída de balde entre as asociacións e entidades culturais de toda a provincia e ademais poderá ser descargada na web: www.lugoculturadixital.es

A data de presentación non é casual posto que este primeiro número de “Muralla Aberta” conta cun artigo biográfico acerca do poeta Manuel María logo da celebración do Día das Letras Galegas.

Temas: LUGO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta