Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/05/2025 | Actualizada ás 13:04
Un terzo da poboación galega terá 65 ou máis anos no ano 2039, cando en 2024 representaban o 26,6%, segundo a información que publica este venres o Instituto Galego de Estatística (IGE) relativa ao sistema de indicadores de lonxevidade.
En concreto, as previsións que manexa o IGE apuntan a que a poboación galega superior ou igual aos 65 anos situarase no 33,1% no ano 2039.
De acordo cos principais datos extraídos destes indicadores de lonxevidade, os fogares galegos compostos unicamente por persoas de 65 ou máis anos alcanzaron o 58,6%, o máximo da serie histórica, en 2023. A metade deles son unipersonales.
A esperanza de vida aos 65 anos en Galicia en 2023 situouse nos 22,2 anos, valor que tamén é superior aos rexistrados en toda a serie dispoñible.
Ademais, en 2024, o 2,2% da poboación activa galega tiña 65 ou máis anos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.