Trump insiste no estilo mafioso e ameaza a Europa co 50% de aranceis

Di que a UE, impulsada polo propio goberno ianqui, foi creada "co obxectivo principal de aproveitarse de Estados Unidos no ámbito comercial".

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 23/05/2025 | Actualizada ás 16:51

Comparte esta noticia

O presidente de Estados Unidos, Donald Trump, considera que as negociacións comerciais coa Unión Europea "non están a dar froito", polo que recomendou impor un arancel do 50% sobre os seus produtos a partir do próximo 1 de xuño.

"As nosas conversas con eles non están a dar froitos! Por tanto, recomendo un arancel directo do 50% para a Unión Europea a partir do 1 de xuño de 2025", anunciou Trump a través do seu perfil en Truth Social, engadindo que "non se aplicará ningún arancel se o produto se fabrica en Estados Unidos".

O inquilino da Casa Branca insistiu en que a Unión Europea foi creada "co obxectivo principal de aproveitarse de Estados Unidos no ámbito comercial". Neste sentido, acusou á UE de que as súas barreiras comerciais, o IVE, as "ridículas" sancións corporativas, as barreiras comerciais non monetarias, as manipulacións monetarias, as demandas "inxustificadas" contra empresas estadounidenses, entre outras, xeraron un déficit comercial con Estados Unidos que alcanza "unha cifra totalmente inaceptable".

Trump e os seus aranceis
Trump e os seus aranceis | Fonte: Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta