Na primavera de 1975, o Exército dos USA sufriu unha contundente derrota na guerra de Vietnam. A pesar do grande volume de recursos humanos e materiais empregados durante 20 anos e da encarnizada crueldade practicada, as forzas armadas norteamericanas non foron quen de eliminar a mobilización resistente protagonizada pola poboación vietnamita.
  comenta   0
"Estamos a mercé do que pase pola cabeza de Trump", advirte o presidente da Confederación de Industrias Téxtiles de Galicia (Cointega), que resalta que o xiro proteccionista que está a propoñer Estados Unidos "non é bo para ninguén".
  comenta   0
Galicia Confidencial fala do tema con Dolores Riveiro, profesora da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e investigadora do Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA), que apunta a que "os aranceis anunciados por Trump poden ter efectos de segunda e terceira volta" que prexudiquen aos sectores galegos aínda que non exporten en grandes cantidades aos Estados Unidos de maneira directa.
  comenta   0
O Ibex 35 tivo un particular 'venres negro' durante a sesión de hoxe, caendo un 5,83 % ata situarse nos 12.422 puntos, borrando 770 puntos nunha soa sesión e todo o avance rexistrado en febreiro e marzo.
  comenta   0
En Galicia, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, reclamou ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, unha avaliación e un plan de axudas fronte aos aranceis anunciados polo presidente de Estados Unidos.
  comenta   0
O sector vitivinícola de Rías Baixas teme un golpe devastador se se impoñen os aranceis do 200% aos viños europeos.
  comenta   0
Sumar, ERC, Bildu e Podemos avogaron por lograr a autonomía estratéxica da Unión Europea (UE) en materia de seguridade e defensa.
  comenta   0
Defende a Mazón por buscar a "estabilidade" nos orzamentos pero critica a Vox por estar en contra do Pacto Verde e a favor das políticas de Donald Trump.
  comenta   0
Nun momento histórico de gran incerteza global, as recentes declaracións de Irene Montero, ao salientar que “EE.UU. non ten aliados, ten servos aos que someter, expoliar e humillar”, expoñen unha fonda reflexión sobre a natureza das relacións internacionais e a postura de Europa no mundo.
  comenta   0
O presidente de Estados Unidos, Donald Trump, ameazou este xoves con impor "en breve" un arancel do 200 % a todos os viños e produtos alcohólicos procedentes dos países representados pola Unión Europea (UE) se Bruxelas non retira "de inmediato" o gravame anunciado do 50 % sobre o whiskey estadounidense.
  comenta   0
Nos sistemas políticos democráticos existe unha regra non escrita segundo a cal os gobernos dispoñen de 100 días de marxe para contrastar as súas liñas de actuación e, xa que logo, ser avaliados polas forzas da oposición.
  comenta   0
Hai poucas cousas máis perigosas en política que un “Magapatriota” con memoria curta. E se ese patriota, ademais, ten acceso ao botón nuclear dos aranceis, a tormenta está servida. En San Cibrao, onde cada quenda de traballo de Alcoa soa como un latexado industrial dun desfibrilador, xa comeza a notarse a sombra dun Donald Trump que volve á carga co seu “America First”.
  comenta   0
Foi este martes cando Trump afirmou que Estados Unidos "se fará cargo" da Franxa de Gaza "a longo prazo", á vez que insistiu no seu plan de desprazar á poboación palestina do enclave a outros países da rexión.
  comenta   0
Avanza que as incidencias ferroviarias en 2024 foron inferiores que en 2023, aínda que "moi rechamantes".
  comenta   0
Nestes tempos de comezo de ano, moita felicidade para todos e todas e, ademais, unha pequena reflexión sobre o momento no que 2025 chega, con moitas frontes abertas desde diferentes puntos de vista e moita incerteza en termos de convivencia, tanto no eido máis “macro” como no máis local.
  comenta   0
Importante baixada da rede X (antiga Twitter), da que xa saíron destacados usuarios, medios de comunicación e a Universidade de Santiago, aínda que, polo momento, ningún partido de esquerdas ou nacionalista deu este paso.
  comenta   1
Bluesky, a rede creada por un dos fundadores de Twitter, pretende volver á orixe desta plataforma cunha proposta lonxe do ruído e da desinformación.
  comenta   1
Galicia Confidencial decidiu deixar a rede X polo aumento das desinformacións. Agora este medio de comunicación está en Bluesky e Threads. A rede social da bolboreta azul permite dende este xoves configurar esta plataforma en lingua galega.
  comenta   1
O tamén director do Centro de Estudos de Seguridade (CESEG) explica ao Galicia Confidencial que "nun mundo incerto como o é o actual, con tantas variables xeopolíticas que percibe a opinión pública con certa inquedanza, nestas eleccións claramente primou a lóxica de apoiar o 'chegar a final de mes' económico", algo que tamén pesou para a poboación inmigrante que foi votar, pois "ao estar legalmente residindo nos Estados Unidos, a política migratoria de Trump non lles afecta".
  comenta   2
GC continúa os pasos que xa deron The Guardian e La Vanguardia. Articulistas tamén abandonaron esta rede. Queda por saber se máis medios e, sobre todo, políticos e partidos de esquerda, independentistas e nacionalistas tamén seguen os mesmos pasos para dar exemplo.
  comenta   14
Salvador Monteagudo é un galego que leva media vida vivindo nunha vila de Manhattan próxima á cidade de Nova York e que nos dá a súa visión sobre o que impulsou a Trump a unha vitoria tan abafante, e contra todo prognóstico, fronte a Kamala Harris.
  comenta   8
O presidente da CEOE critica que "moitos dos acordos" aos que chegan co Ministerio de Traballo "ás veces non se cumpren".
  comenta   0