Críticas do BNG ante o acordo arancelario entre Von der Leyen e Trump

Afirma a eurodeputada que "agrava a dependencia e o servilismo" da UE ao país norteamericano.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/07/2025 | Actualizada ás 16:58

Comparte esta noticia

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, critica duramente o acordo arancelario alcanzado entre a presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen, e o de Estados Unidos, Donald Trump, porque "agrava a dependencia e o servilismo" da UE ao país norteamericano. En declaracións remitidas aos medios, Miranda tacha o pacto de "humillación" e "submisión" da Comisión ás políticas "belicistas" e económicas de Estados Unidos.

En concreto, a responsable nacionalista denuncia que o acordo "está a fomentar políticas de apoio a enerxías fósiles das industrias extractivas e, por suposto, a industria armamentística e bélica". Ademais, censura que "non se están protexendo" os sectores produtivos europeos, senón que a política comercial da UE "está a venderse totalmente ao sistema bancario estadounidense".

"Rexeitamos esta nova cesión de competencias e consideramos que ten que haber unha revisión para que se tome en conta a situación dos pobos europeos, que van ser os máis afectados por este tipo de decisións de servilismo económico e de servilismo armamentístico", conclúe.

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda. BNG
A eurodeputada do BNG, Ana Miranda. BNG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta