Así quedou un coche tras arder na A6

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/05/2025 | Actualizada ás 11:36

Comparte esta noticia

Os servizos de emerxencia tiveron que intervir na tarde deste pasado luns tras arder un coche na A6 ao seu paso pola localidade coruñesa de Aranga. Os feitos ocorreron no punto quilométrico 549 na vía dirección Lugo e foi o parque provincial de Betanzos o que se trasladou ao momento para sufocar o incendio.

Por sorte, non se produciron danos persoais, aínda que o vehículo quedou totalmente calcinado.

TANQUE DE GAS

Por outra banda, os bombeiros de Santa Comba tiveron que asistir ao polígono de O Allo, en Zas, para refrigerar un tanque de propano por exceso de carga.

Foi sobre as 16.40 horas e realizaron tamén un transvasamento para un camión cisterna unha vez baixada a presión.

Imaxe dun coche tras arder e queidar completamente queimado / CONSORCIO DE BOMBEIROS DA CORUÑA / Europa Press
Imaxe dun coche tras arder e queidar completamente queimado / CONSORCIO DE BOMBEIROS DA CORUÑA / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta