Temas: ANOVA PODEMOS

ANOVA rectifica publicamente a Unidos Podemos debido as listas

A tensión entre o polo nacionalista de En Marea e a coalición de Pablo Iglesias segue a aumentar.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 24/05/2016 | Actualizada ás 22:12

Comparte esta noticia

Anova emitiu un comunicado de prensa coa intención de "aclarar" unha comunicación previa enviada polo departamento de prensa de Podemos aos medios de comunicación a través de distintas vías, entre elas, un das canles de difusión de redes sociais.

Xosé Manuel Beiras e Pablo Iglesias
Xosé Manuel Beiras e Pablo Iglesias

Podemos enviou as candidaturas de Unidos Podemos para as eleccións do 26 de xuño na que se incluía unha táboa cos dous primeiros nomes de cada circunscrición dividido por comunidades autónomas, incluída Galicia, pero sen especificar que se presentaban por En Marea.

Así, Anova lanzou un comunicado aos medios de comunicación tras ter coñecemento deste listado no que se pon de manifesto que "en ningún momento se advirte que se trata dunha candidatura diferenciada e rexistrada como coalición co nome En Marea".

Por iso, a formación liderada por Xosé Manuel Beiras "quixo aclarar que se trata dun erro evidente", toda vez que "ningunha lista de Unidos Podemos vai a concorrer ás eleccións ás Cortes do Estado o 26 de xuño en Galicia, senón a candidatura arriba indicada, como expresión electoral dun suxeito político propio".

A saída aos medios de Anova prodúcese un día despois da discusión polo número tres da candidatura de En Marea pola provincia de A Coruña.

Xaime Subiela
Xaime Subiela | Fonte: montsedopico.com

Na reunión da mesa de coordinación que tivo lugar o domingo abordárase a substitución de Xaime Subiela, contratado pola agrupación parlamentaria de En Marea. Pero este luns reabriuse o debate entre os socios da coalición tras manifestar, o xa confirmado como candidato, a súa disposición a continuar na lista. Ademais, ANOVA non sacou adiante a súa proposta de convertira a En Marea en partido instrumental, debido as reticencias de Podemos Galicia e Esquerda Unida. 

Temas: ANOVA PODEMOS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 20 comentarios

8 farto de humillacions

Que peniña, o noso Beiras, o león do zapatazo, arrastrándose como un esmoleiro desfarrapado diante dos señoritos españois do Podemos.

7 lucensis

Os vaivenes que vai dando Beiras sonche antolóxicos, eu como exmilitante de anova, decateime do que ia acontecer cando no derradeiro momento beiras trocou de opiniòn e apoiou a FPG a partires de ahí todo foi dando bandazos dunha postura a outra, ata case a disoluciòn de anova, o tempo pora a cada quen non seu sitio. A min Beiras non so me defraudou como persoa, ao non saber manter unha postura, senón que me fixo ver que era un político moi mediocre, intelectualmente sabra moito, pero para a política non vale so vale pra os debates, e ahi é onde teria que dar a guerra, o importante que o deixe para outros.

6 Pobre vello pagafantas

E que mais da se o "rectifica publicamente". O que digan os donos madrileños vai a misa e Gomez-Reino mandou calar privadamente. E publica e privadamente os "nacionalistas" de Lanueva tragarán. A ver se van romper por Xaime vai subir a mareeeeea

5 Gamela

Hoxe Austria librouse da extremadereita por un puñado de votos (30.000) e aquí temos case dous millóns de votantes fóra da casa que só poden solicitar o voto rogado... Igual era boa cousa ter observadores de Nacións Unidas na noite electoral metendo o nariz nos números do ministro do Interior... (?) https://www.change.org/p/a-unidos-p...

1 Gamela

importame un carallo quen vai ou deixa de ir nas listas da cunquiña...!

4 CHONI DIAZ

A chonia Diaz, anda fuchicando. Cos anos que tes Beiras, e unha choni de "El Ferrol", te esta facendo a xogada.