Temas: ANOVA PODEMOS

ANOVA rectifica publicamente a Unidos Podemos debido as listas

A tensión entre o polo nacionalista de En Marea e a coalición de Pablo Iglesias segue a aumentar.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 24/05/2016 | Actualizada ás 22:12

Comparte esta noticia

Anova emitiu un comunicado de prensa coa intención de "aclarar" unha comunicación previa enviada polo departamento de prensa de Podemos aos medios de comunicación a través de distintas vías, entre elas, un das canles de difusión de redes sociais.

Xosé Manuel Beiras e Pablo Iglesias
Xosé Manuel Beiras e Pablo Iglesias

Podemos enviou as candidaturas de Unidos Podemos para as eleccións do 26 de xuño na que se incluía unha táboa cos dous primeiros nomes de cada circunscrición dividido por comunidades autónomas, incluída Galicia, pero sen especificar que se presentaban por En Marea.

Así, Anova lanzou un comunicado aos medios de comunicación tras ter coñecemento deste listado no que se pon de manifesto que "en ningún momento se advirte que se trata dunha candidatura diferenciada e rexistrada como coalición co nome En Marea".

Por iso, a formación liderada por Xosé Manuel Beiras "quixo aclarar que se trata dun erro evidente", toda vez que "ningunha lista de Unidos Podemos vai a concorrer ás eleccións ás Cortes do Estado o 26 de xuño en Galicia, senón a candidatura arriba indicada, como expresión electoral dun suxeito político propio".

A saída aos medios de Anova prodúcese un día despois da discusión polo número tres da candidatura de En Marea pola provincia de A Coruña.

Xaime Subiela
Xaime Subiela | Fonte: montsedopico.com

Na reunión da mesa de coordinación que tivo lugar o domingo abordárase a substitución de Xaime Subiela, contratado pola agrupación parlamentaria de En Marea. Pero este luns reabriuse o debate entre os socios da coalición tras manifestar, o xa confirmado como candidato, a súa disposición a continuar na lista. Ademais, ANOVA non sacou adiante a súa proposta de convertira a En Marea en partido instrumental, debido as reticencias de Podemos Galicia e Esquerda Unida. 

Temas: ANOVA PODEMOS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 20 comentarios

3 Alberte

Assim vos agradecem o bem que lhes servistes os cafés. Tope bwana, bwana tope. Por sinal, que tal o amigo Alexis? Já apagastes as fotografias com ele?

1 Comunista

Tope bwana, bwana tope, era o que lle dicía onte en Área Pública da TVG o Rubén Cela (BnG) a Agustín Hernández (PPdeG). Noxo e vergoña.

2 Un máis

Mi madriña que maneira de mexarse na cara dun. Patético e lamentable.

1 Balbino Fernández

Nun momento político a aproveitar escollestes o fácil e o cómodo (para os trepadores): ser sucursal. Agora tragar e calar! A oportunidade do partido instrumental xa foi. Subiela e outros representantes do sindicato de asesores puxeron a mantenza da sua barriga por riba dos interesses comuns dos galegos. Hai moita graxa en ANOVA, IU e Podemos (tanta como na UPG). E moita fame atrasada!