Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 28/05/2025 | Actualizada ás 21:16
Unha muller de 81 anos faleceu e a súa filla resultou ferida de gravidade nun accidente rexistrado na tarde deste mércores na OU-0403, a estrada que una A Devesa e A Corna, en Piñor.
Segundo informou a Garda Civil, o suceso tivo lugar ás 17,51 horas, cando un turismo saíu da vía e chocou contra unha árbore. A consecuencia do impacto, unha muller de 81 anos de idade veciña de Piñor de Cea, que viaxaba no asento do copiloto, faleceu. Pola súa banda, a súa filla, que conducía o vehículo resultou ferida de gravidade. Ademais, no asento traseiro viaxaba o pai da condutora, que resultou ferido leve, así como un menor que resultou ileso.
A condutora e a muller falecida facían uso do cinto de seguridade e o menor do sistema de retención infantil homologado. Ao lugar desprazouse unha ambulancia do 061 e o helicóptero medicalizado H-3. As dilixencias instrúense para o Xulgado número uno do Carballiño.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.