Prisión provisional por agredir cun coitelo ao dono dunha vivenda de aluguer en Ourense

Segundo avanzaba o pasado sábado 'La Voz de Galicia', unha parella foi detida en Ourense por esta agresión tras coarse por unha xanela no piso que alugara a muller na ourensá avenida de Buenos Aires.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 02/06/2025 | Actualizada ás 14:56

Comparte esta noticia

A maxistrada do Xulgado de Instrución número 3 de Ourense, en funcións de garda, decretou o ingreso en prisión provisional, comunicada e sen fianza para un home por agredir cun coitelo ao propietario dunha vivenda de aluguer en Ourense. Toma esta decisión polo risco de reiteración delituosa ao ter outras causas pendentes.

Segundo informan fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) a Europa Press, a xuíza decretou a posta en liberdade dunha muller tamén arrestada por esta agresión, á que lle impuxo a prohibición de aproximarse e de comunicarse coa vítima, a retirada do pasaporte, a prohibición de saída do territorio nacional e a obrigación de comparecer dous días á semana no xulgado.

Ambos están investigados por violación de morada, lesións con instrumento perigoso, roubo con violencia e intimidación e coaccións con violencia. Así mesmo, a detida está investigada por desobediencia e atentado. Segundo avanzaba o pasado sábado 'La Voz de Galicia', unha parella foi detida en Ourense por esta agresión tras coarse por unha xanela no piso que alugara a muller na ourensá avenida de Buenos Aires. Acompañada por outro individuo, ambos atacaron con arma branca á vítima --excaseiro da nova--, quen sufriu diferentes cortes.

Audiencia Provincial de Ourense
Audiencia Provincial de Ourense | Fonte: Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta