O Grupo de Intervención Psicolóxica actuou en 35 emerxencias en Galicia ao longo de 2024

Só o 20% dos efectivos novos que entran na Policía Local son mulleres.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/06/2025 | Actualizada ás 16:51

Comparte esta noticia

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, informou este mércores de que o Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias en Galicia (Gipce) activouse en 67 ocasións en 2024, das que se materializaron 35 actuacións. Diso informou o responsable autonómico de Emerxencias e Interior en resposta a unha pregunta formulada pola deputada do PPdeG Katherinie Varela na Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior do Parlamento de Galicia.

Na súa intervención, Santiago Villanueva explicou que 18 destas intervencións materializadas polo Gipce en 2024 foron presenciais no lugar do suceso e outras 17 mediante asesoramento telefónico a familiares, achegados ou persoal vinculado con vítimas. Segundo precisou, os accidentes foron a principal causa de activación, con case o 50% do total, seguidos de actuacións relacionadas coa seguridade, como desaparicións, violencia de xénero ou condutas suicidas, e de intervencións en salvamento e rescate.

PRESENZA FEMININA NA POLICÍA LOCAL

Por parte, en resposta a unha pregunta formulada pola parlamentaria socialista Paloma Castro sobre a "baixa presenza" das mulleres nos corpos de Policía Local, Villaneva destacou as actuacións postas en marcha pola Xunta para favorecer a incorporación feminina neste corpo e dixo que seguirá traballando con novas medidas.

Conforme sinalou, na promoción que se forma actualmente, a número 17, as mulleres representan en torno ao 20% do alumnado, unha porcentaxe similar ao das solicitudes de ingreso femininas.

Unha cita cun psicólogo infantil
Unha cita cun psicólogo infantil | Fonte: Alegra Piscólogos Málaga

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta