A presentadora e modelo Paloma Lago, a suposta vítima de agresión sexual do ex conselleiro Villares

A ferrolá, tras anos de actividade profesional en Madrid, volveu instalarse en Ferrol hai uns anos.

Por Galicia Confidencial | Ferrol | 04/06/2025 | Actualizada ás 20:03

Comparte esta noticia

Paloma Lago, modelo, presentadora e xornalista, nada en Ferrol, é a suposta vítima de agresión sexual do ex conslleiro Alfonso Villares, que dimitiu na tarde deste mércores tras recibir notificación de apertura de investigación por parte do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. 

Feijóo con Paloma Lago na Feira do Cocido de Lalín
Feijóo con Paloma Lago na Feira do Cocido de Lalín | Fonte: C.P. elpais

Villares, quen segundo fontes da súa contorna iniciara unha relación coa presentadora, declarouse "absolutamente inocente" da denuncia que se formula contra el e asegurou que centrará todas as súas "forzas" en defenderse no ámbito xudicial. "Agradézolle ao presidente que comprendese as miñas razóns e aceptase a miña dimisión, do mesmo xeito que a confianza que depositou en min ao nomearme", dixo Villares visiblemente afectado, antes de proclamar a súa convicción de que "se acabará facendo xustiza".

LONGA TRAXECTORIA

Tras traballar como modelo, Lago, de 57 anos, comezou a traballar no program 'Dígame' Tele 5 'Dígame' (1990-1992), primeiro con Laura Valenzuela e Javier Basilio e na súa derradeira tempada con Andrés Aberasturi. Ese mesmo ano aparece tamén no programa Tutti Frutti, da mesma cadea. En 1993 conduce o concurso Los cinco sentidos, en Antena 3, con dirección de Julia Otero e catro anos máis tarde Risas y estrellas (1997-1999) en TVE con Pedro Rollán na primeira tempada e máis tarde con José Luis Moreno e Loreto Valverde.

Entre 1999 e 2002 convértese en presentadora de programas infantís, cando Televisión Española lle encarga porse á fronte do espazo TPH Club. En 2000 faise cargo tamén de Eurocanción, programa deseñado para elixir os participantes españois no Festival de Eurovisión.

En 2000, 2001 e 2002 encargouse de presentar o espazo de Nadal de TVE Telepasión xunto a Carlos Lozano. Ao termo deses anos compartiu plano xunto a Ramón García nas badaladas de Noitevella. En 2004 presentou o espazo musical El verano ya llegó, xunto a Miguel Ángel Tobías. Tamén fixo as súas incursións na interpretación, na serie Compuesta y sin novio (1994), con Lina Morgan e no filme Cuernos de mujer (1995), de Enrique Urbizu, con María Barranco.

Tras unha completa actividade televisiva decidiu retirarse hai uns anos a súa Ferrol natal, onde reside. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Sentidiño

Agora toca prudencia, e respecto da vítima. Non era precisa tanta información.