O Concello de Ourense denuncia un intento de estafa sobre transporte urbano en redes sociais

O Concello de Ourense informou de que, desde hai días, circula por redes sociais un anuncio de 'Transporte Público de Ourense' que é falso.

Por E.P. | OURENSE | 06/06/2025 | Actualizada ás 14:53

Comparte esta noticia



O Concello de Ourense informou de que, desde hai días, circula por redes sociais un anuncio de 'Transporte Público de Ourense' que é falso.

Así, segundo explicou o consistorio nun comunicado, no suposto anuncio infórmase de que os residentes de Ourense e arredores terán transporte gratis. "Trátase dun anuncio falso e dun intento de estafa", asegura o Concello.

Por iso, aconsellan "non picar" no link nin na noticia para "non caer nas mans" dos ciberdelincuentes e lembra que este tipo de anuncios, de ser certos, serán comunicados polo Concello a través das súas contas oficiais.

Bus Urbano Ourense
Bus Urbano Ourense

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta