Restablecen a circulación na N-640 tras o envorco dun camión cisterna

O accidente obrigou a cortar por completo a vía durante máis de catro horas. O condutor foi atendido por molestias posteriores ao impacto.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 08/08/2025 | Actualizada ás 10:06

Comparte esta noticia

A circulación da estrada N-640 foi reestablecida ao redor das 20.40 horas do xoves tras ser cortada polo envorco dun camión na mesma tarde. Este sucesó obrigou a cortar por completo o viario, ao seu paso pola parroquia da Veiga, no quilómetro 160 aproximadamente.

Foi un particular quen alertou ao 112 Galicia ás 16,10 horas, nunha chamada na que indicaba que un camión cisterna que transportaba leite acababa de envorcar, polo que obstaculizaba por completo a circulación na vía. O 112 Galicia mobilizou aos Bombeiros de Silleda, ao GES de Lalín, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local e aos efectivos de Protección Civil.

112 GALICIA
112 GALICIA

Unha vez no punto, os servizos de emerxencia confirmaron que a vía permanecía totalmente cortada, polo que se habilitou un desvío alternativo para garantir a seguridade e a fluidez do tráfico. Inicialmente, o condutor do vehículo non presentaba lesións, pero, co paso do tempo, comezou a queixarse de dor, polo que tamén foi activado o 061 para a súa atención.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta