Por Europa Press / Redacción | Cobas (Ferrol) | 05/06/2025 | Actualizada ás 12:40
O comité de empresa de Einsa Print nas Pontes, empresa dedicada ás artes graficas, recibiu esta semana a notificación por parte da compañía sobre o inminente inicio dun procedemento de despedimento colectivo, baseado en causas económicas e produtivas. Tras esta comunicación, a representación legal trasladou á asemblea de traballadores, celebrada este mércores, a escasa información dispoñible, "máis aló de que o inicio do período de consultas está fixado para o día 16 de xuño".
Ante o descoñecemento do alcance deste Expediente de Regulación de Emprego (ERE) e coa sospeita de que podería afectar mesmo á totalidade do persoal da factoría, situada no polígono de Penapurreira, os traballadores acordaron convocar unha folga indefinida a partir do 16 de xuño, coincidindo co inicio do período de consultas.
Segundo o sindicato CIG, maioritario no comité de empresa, a compañía "pretende levar a cabo estes despedimentos pouco máis dun ano despois doutro ERE que reduciu á metade o seu persoal" e no medio do período de compromiso de mantemento do emprego recolleito no plan de viabilidade pactado. Esta convocatoria de folga foi referendada pola práctica totalidade do persoal.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.